Enrique Eymar Fernández
Enrique Eymar Fernández, nado en Toledo o 14 de maio de 1885 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1967,[1] foi un militar español. Exerceu de xuíz militar no xulgado Militar Especial para os Delitos de Espionaxe, Masonería e Comunismo durante a ditadura de Francisco Franco. Encargado dos interrogatorios, e das sentenzas a morte de diferentes militantes antifranquistas.[2][3], en aplicación entre outras da Lei de Responsabilidades Políticas de 1939 e a Lei de Represión da Masonería e o Comunismo, de 1940.[4] No seu cargo foi un dos primeiros coordinadores do Estado na loita contra ETA.[5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1885 Toledo, España |
Morte | 21 de agosto de 1967 (82 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Ideoloxía política | Franquismo |
Actividade | |
Ocupación | examining magistrate (en) (1940–1964), deputy managing director (en) (1929–1939), militar (–1929) |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Monarquía Española, Segunda República Española e ditadura |
Rango militar | Coronel |
Premios
|
Traxectoria
editarEn 1936 era tenente coronel do corpo de Inválidos a causa dunha ferida de guerra en Marrocos en 1929, pasou o período de guerra a cargo do Museo do Exército en Madrid como subdirector. En 1939 adheriuse ao Movimiento e foi ascendido a coronel, pasando a ser Cabaleiro Mutilado de Guerra pola Patria. Inicialmente participou como xuíz en diversos xuízos a prisioneiros de guerra. O 12 de decembro de 1947 foi o encargado de instruír a causa 140.109 do Consello de Guerra que condenou a catorce membros destacados da FUE a penas de entre un e oito anos de reclusión. Entre os acusados estaba Nicolás Sánchez Albornoz, fillo de Claudio Sánchez Albornoz.[6] En 1958 fíxose cargo do Xulgado Militar Especial Nacional de Actividades Extremistas onde permaneceu ata 1964 cando se creou o Tribunal de Orde Pública (TOP).[4] Este tribunal tiña xurisdición en todo o territorio nacional. As súas atribucións na xustiza levárono a conseguir o apelativo de "coronel inquisidor".[4]
Notas
editar- ↑ Águila, Juan José del (10 de decembro de 2017). "El coronel Eymar ya tiene quien le escriba. Primera Parte" (en castelán). Justicia y dictadura. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ Carlos Fernández Rodríguez, Madrid clandestino, pag. 39
- ↑ José Ignacio Álvarez-Fernández, (2007), Memoria y trauma en los testimonios de la represión franquista, Anthropos, pag. 245
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Juan José del Águila, (2001), El TOP: la represión de la libertad, 1963-1977, Madrid, Ed. Planeta, pax. 111.
- ↑ Iñaki Egaña, Giovanni Giacopucci, (1992), Los días de Argel: crónica de las conversaciones ETA-Gobierno español, Txalaparta, pag. 30
- ↑ Sánchez Albornoz, Nicolás (2012). Cárceles y exilios. Anagrama. pp. 127 e ss.