Enrique Aller

avogado e cooperante galego

Enrique Aller López, nado en Lalín en 1948 e finado en Perú o 6 de xuño de 1999,[1] foi un avogado e cooperante galego.

Enrique Aller
Nacemento1948
 Lalín
Falecemento6 de xuño de 1999
 Perú
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Enrique Aller Goyanes. Estudou no ICADE, do que foi expulsado, e despois na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en dereito, comezou a traballar en Madrid con Enrique Barón. Retornado a Galicia, en 1973 foi asesor do Colexio de Arquitectos e montou un despacho laboralista na Coruña con Carlos Cerviño, Paco Pampín e Enrique Capeáns. Marchou a Sudamérica como cooperente. En Nicaragua axudou a crear o novo código laboral. Gañou un concurso da Unión Europea para desenvolver a autonomía palestina. Morreu nunha estrada da Amazonia coa bióloga Mercedes Arteche Prieto, cando cooperaba en Perú como director do programa dos Desprazados pola Violencia en apoio dos indios Asaninka .[2]

Vida persoalEditar

Compañeiro de Concha López Sánchez, foi pai de dous fillos, Antón e Ulla.

RecoñecementosEditar

O Concello de Lalín outorgoulle a Folla de Carballo de prata a título póstumo en 2003.[3]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 8-6-1999, p. 11.
  2. La Voz de Galicia, 12-6-1999, p. 7.
  3. La Voz de Galicia, 25-1-2003, p. L15.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar