Enma López Araújo

política española


Enma López Araujo, nada en Vigo o 2 de xullo de 1986, é unha funcionaria e política galega do PSOE afincada en Madrid.

Infotaula de personaEnma López Araújo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro de Madrid
15 de xuño de 2019 –
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo (2004–2008) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionaria pública , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (2002–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: EnmaLopez Instagram: delimaalimon LinkedIn: enmalopezaraujo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Dereito económico e empresarial pola Universidade de Vigo[1]. Ingresou como funcionaria no corpo técnico de Facenda e posteriormente no Corpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado, sendo a número 1 da súa promoción.[2][3][2][4]

Con 16 anos ingresou no PSdeG-PSOE[5]. Concorreu como candidata ao número 18 da lista do PSdeG-PSOE en Pontevedra de face ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005[6][7]. Con 20 anos presentouse no número 18 da lista do PSdeG-PSOE para as eleccións municipais de 2007 en Vigo encabezada por Abel Caballero[5], mentres que en 2011 ocupou o posto número 19.

Trasladada dende Vigo a Madrid en 2008[8], onde traballou nun despacho de avogados mentres preparaba as oposicións a Facenda. Tamén traballou no Gabinete de José Luís Rodríguez Zapatero durante os últimos meses de 2011[2].

Formou parte do Gabinete de Pedro Sánchez trala súa chegada á Presidencia do Goberno en xuño de 2018[2]. En febreiro de 2019 foi nomeada directora xeral da Fundación Estatal Saúde, Infancia e Benestar Social .[9][10]

Foi incluída no número 8 da lista do PSOE para as eleccións municipais de maio de 2019 en Madrid encabezada por Pepu Hernández, e resultou elixida concelleira en Madrid, onde se converteu na portavoz de Grupo Municipal Socialista na Comisión de Economía e Facenda do consistorio.[10][11] De cara ás eleccións municipais de maio de 2023 foi designada coordinadora da campaña de Reyes Maroto á alcaldía de Madrid[12], sendo ademais a número 3 da lista que esta encabezaba. A candidatura socialista logrou un lixeiro avance ao pasar de 8 a 11 concelleiros, que aínda que se mantivo na oposición logrou o mellor resultado en 12 anos e mellorou resultados por primeira vez en 20 anos. Desta forma pasou a ser Portavoz Adxunta do Grupo Municipal Socialista e continuou como portavoz na Comisión de Economía e Facenda.

Notas editar

  1. "Pleno de investidura 2019. Fichas biográficas" (PDF). Concello de Madrid. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gómez, José Antonio (2019-08-02). "«Es justo que el Estado dignifique las condiciones de los trabajadores autónomos»" (en castelán). Consultado o 2019-12-11. 
  3. EP; Rodríguez-Pina, Gloria (2019-04-06). "Pepu Hernández concurre con cinco ediles, una trabajadora de Unicef y expertos en derechos sociales" (en castelán). Madrid. ISSN 1134-6582. 
  4. Calificacións Corrpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado
  5. 5,0 5,1 Vigo, Faro de. "Enma López Araújo - 20 años, número 18 PSOE: "A los 14 años quise afiliarme en Rota, pero no había Juventudes"" (en castelán). Consultado o 2019-12-11. 
  6. "Publicación de candidaturas proclamadas" (PDF) (98). 24 de maig de 2005: 8828. 
  7. "Los 22 nombres para encarar "as eleccións do cambio"" (en castelán). Consultado o 2019-12-11. 
  8. "Enma López, la concejala más pegada a la calle... y a las redes sociales" (en castelán). 2019-09-30. Consultado o 2019-12-11. 
  9. "La Fundación pública CSAI, una herramienta pública para la lucha contra la pobreza infantil". 2019-02-28. 
  10. 10,0 10,1 Romero, Juanma (2019-03-25). "Ferraz renuncia por ahora a fichajes mediáticos en las listas de Gabilondo y Pepu". 
  11. "El PSOE critica la bajada impositiva “a quienes más tienen” y los “guiños a la ultraderecha” en el presupuesto". 2019-11-14. Consultado o 2019-12-11. 
  12. La edil Enma López coordinará la campaña de Reyes Maroto a la alcaldía de Madrid