England expects that every man will do his duty

England expects that every man will do his duty (en galego: Inglaterra agarda que cada home cumpra co seu deber) foi un sinal enviado polo Almirante Horatio Nelson, 1º Barón Nelson dende o seu buque insignia HMS Victory cando a Batalla de Trafalgar estaba a piques de comezar o día 21 de outubro de 1805. Trafalgar foi o combate naval decisivo das Guerras Napoleónicas. Outorgou ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda o control do mar, evitando calquera posibilidade de que o Primeiro Imperio Francés invadise e conquerise Gran Bretaña. Malia que houbo unha gran confusión no tocante ás verbas exactas do sinal despois da batalla, a importancia da vitoria e a morte de Nelson durante a batalla fixeron que a frase ficase gravada na consciencia británica, e foise citada, parafraseada e referenciada en múltiples ocasións até a actualidade.[1]

The Battle of Trafalgar de J. M. W. Turner (óleo sobre tea, 1822–1824) amosa as últimas tres letras deste célebre sinal no Victory.

Notas editar

  1. Daniel Mandel (2005-12). IPA Review, ed. "The ‘secret' history of the Anglosphere" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2015.  (en inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar