Abrir o menú principal

Engelmar Hubert Unzeitig

Engelmar Hubert Unzeitig, nado o 1 de marzo de 1911 en Greifendorf e finado o 2 de marzo de 1945 en Dachau, foi un sacerdote alemán reprimido polos nazis.

Engelmar Hubert Unzeitig
Engelmar Hubert Unzeitig (1911-1945).jpg
Nacemento1911 e 1 de marzo de 1911
 Hradec nad Svitavou
Falecemento1945 e 2 de marzo de 1945
 Campo de concentración de Dachau
CausaTifo
NacionalidadeAlemaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónteólogo e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Entrou na Orde dos Misioneiros de Mariahill. Estudou teoloxía e filosofía en Wurtzbourg. Exerceu como párroco en Bohemia. En abril de 1941 foi detido pola Gestapo pola súa oposición ao réxime nacionalsocialista e a persecución aos xudeus. Foi enviado ao campo de concentración de Dachau. Alí adicouse á atención aos doentes. Cara ao final da Segunda Guerra Mundial foi advertido do perigo de atender aos prisioneiros rusos debido a unha mortífera epidemia de tifo. Sen atender a tales advertencias desenvolveu un labor de coidado dese colectivo ata que morreu infectado pouco antes da liberación do campo.

BibliografíaEditar

  • Schauber-Schlinder, Bildlexicon Der Heiligen, 1999