A endivia[2] é o rebento de diferentes variedades da chicoria, Cichorium endivia, que se cultivan debaixo da terra dunha maneira especial e presentan unha cor branca verdella e sabor amargo. Adóitanse consumir cocidas ou crúas en ensaladas.

Planta da endivia (C. endivia) a florear

É tamén un dos nomes comúns para variedades da chicoria común (Cichorium intybus), principalmente a chicoria belga ou chicoria francesa. Existe considerábel confusión entre as designacións vulgares de Cichorium endivia e Cichorium intybus.[3]

A endivia é rica en moitas vitaminas e minerais, especialmente vitaminas A e K e folato, fornecendo tamén unha cantidade razoábel de fibra.

Existen dúas variedades principais cultivadas de endivia:

  • A endivia frisada (var crispum). Este tipo ten follas exteriores estreitas, verdes e frisadas. Tamén chamada chicoria frisada ou simplemente chicoria.
  • A escarola (var latifolium)[4]. Posúe follas largas de cor verde pálida e é menos amarga que a outra variedade. Tamén denominada chicoria lisa ou endivia de folla larga.

Historia editar

Foi coñecida e consumida polos antigos exipcios, gregos e romanos. Tal como ocorreu con numerosas verduras e hortalizas, a escarola tivo inicialmente unha utilización máis medicinal ca culinaria. Non obstante, na literatura exipcia existen referencias ao consumo desta verdura tanto cocida como crúa, en ensaladas.

A súa introdución en Europa data do século XIII. Na actualidade goza dunha enorme popularidade en todo o continente.

Durante a época invernal a escarola ofrece o seu esplendor e maior calidade, aínda que actualmente se atope no mercado durante todo o ano.

Notas editar

  1. Cichoriinae en Cichorieae Portal
  2. Definición no Portal das Palabrasda Real Academia Galega - Arquivado 18 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  3. Endive, Chicory and Witloof
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar