Emperador Meiji

emperador

Mutsuhito coñecido polo seu nome póstumo como Meiji Tennō (明治天皇?), nado en Kyoto o 3 de novembro de 1852 e finado en Toquio o 30 de xullo de 1912, foi o emperador do Xapón número 122º, segundo a orde tradicional de sucesión imperial xaponesa, reinando dende o 3 de febreiro de 1867 ata a súa morte.

Modelo:BiografíaEmperador Meiji

(1873) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 明治天皇 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo明治 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Site of the Nakayama Residence, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortev. 30 de xullo de 1912 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Meiji Palace, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus
uremia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFushimi Momoyama no Misasagi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
122º Emperador do Xapón
3 de febreiro de 1867 – 30 de xullo de 1912
← Imperador Komei (pt) TraducirImperador Taishō (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXintoísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, aristócrata Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarDai-Gensui (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloEmperador do Xapón Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa Imperial do Japão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeImperatriz Shōken Editar o valor en Wikidata
ParellaHamuro Mitsuko
Yanagiwara Naruko
Hashimoto Natsuko
Chigusa Kotoko Editar o valor en Wikidata
FillosWakamitsuteru-hiko no Mikoto
 () Hamuro Mitsuko
Yohime Mikoto
 () Hashimoto Natsuko
Shigeko, Princess Ume
 () Yanagiwara Naruko
Yukihito, Prince Take
 () Yanagiwara Naruko
Imperador Taishō
 () Yanagiwara Naruko
Akiko, Princess Shige
 () Chigusa Kotoko
Fumiko, Princess Masu
 () Chigusa Kotoko
Shizuko, Princess Hisa
 () Sono Sachiko
Michihito, Prince Aki
 () Sono Sachiko
Princess Masako Takeda
 () Sono Sachiko
Fusako Kitashirakawa
 () Sono Sachiko
Princess Nobuko Asaka
 () Sono Sachiko
Teruhito, Prince Mitsu
 () Sono Sachiko
Toshiko Higashikuni
 () Sono Sachiko
Takiko, Princess Sada
 () Sono Sachiko Editar o valor en Wikidata
PaisImperador Komei Editar o valor en Wikidata  e Nakayama Yoshiko Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4712287 WikiTree: 祐宮-1 Find a Grave: 7470766 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Mutsuhito (1888)

Dende a súa morte, estableceuse a tradición de dar o nome da era conxuntamente co seu reinado. Como gobernou no período Meiji, é coñecido como emperador Meiji.

Traxectoria

editar

Foi fillo de Kōmei Tennō e da consorte Nakayama Yoshiko.[1] Cando naceu a finais de 1852, o Xapón era un país illado, preindustrial e feudal, dominado polo shogunato Tokugawa e os daimyō, que controlaban os máis de 250 dominios descentralizados do país. Cando faleceu en 1912, o país experimentara unha revolución política, industrial e social que trouxo como resultado a transformación do Xapón nunha potencia mundial.

Meiji Tennō foi o líder simbólico da restauración Meiji onde o shogunato Tokugawa foi abolido por forzas imperiais nunha breve convulsión interna coñecida como a guerra Boshin.[2] Tras isto, o emperador Meiji proclamou a conversión do Xapón a un goberno democrático de corte occidental. Non obstante, o parlamento xaponés carecía de poderes reais e tampouco os tiña o emperardor, xa que o poder pasou entón de mans dos Tokugawa a unha nova nobreza genrō formada polos daimyō e os samurais que axudaran á restauración. Esta nova oligarquía situou os seus homes nas esferas políticas e militares do novo goberno.

A restauración e a modernización consecuente converteron o Xapón nunha potencia industrial, situándoa por riba doutros estados do Pacífico. Aínda que a función do emperador na restauración é discutida, a súa influencia puido ser importante nas guerras en que o Xapón se viu involucrado a comezos do século XX. Entre as medidas que tomou destácanse ademais o traslado da capital de Kyoto a Toquio,[3] a implantación dun novo sistema de estudos (1872), a institución do senado (genroin, 1875), a inauguración da Asemblea Nacional (1890) e a anexión de Corea (1910). O emperador Meiji tivo unha gran lonxevidade no trono manténdose no poder máis de 40 anos.

editar

O emperor Meiji foi interpretado por Toshirō Mifune no filme xaponés The Battle of Port Arthur (coñecido tamén como 203 Kochi), de 1980.[4] Dirixido por Toshio Masuda, o filme mostra o sitio de Port Arthur durante a guerra ruso-xaponesa.

O emperador aparece no filme de 2003 O último samurai, interpretado por Nakamura Shichinosuke II. No filme, o emperador amósase como feble, fácil de manipular, sen ter que afrontar o risco dun golpe de estado. A súa determinación só aparece ao final, cando rompe o tratado cos estadounidenses tras consolidar o seu poder logo da batalla.

  1. Keene 2002, p. 10.
  2. Gordon 2009, p. 59.
  3. Gordon 2009, p. 68.
  4. The Battle of Port Arthur (203 Koshi) en Internet Movie Database

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Osahito
 
Emperador do Xapón
Mutsuhito

3 de febreiro de 1867 - 30 de xullo de 1912
Sucesor:
Yoshihito