Elza Cansanção Medeiros, militar (comandante de exército) nada o 21 de outubro de 1921 e finada o 8 de decembro de 2009 foi a primeira voluntaria brasileira que participou como enfermeira e oficial militar xunto á Forza Expedicionaria Brasileira en Italia, durante a segunda guerra mundial. Das 67 mulleres militares que participaron na guerra, foi a que continuou máis tempo en activo no campo militar.[1]

Infotaula de personaElza Medeiros

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte8 de decembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarComandante Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Elza Medeiros era filla do médico de saúde pública Tadeu de Araújo Medeiros, amigo de Alberto Santos Dumont e auxiliar directo de Oswaldo Cruz na campaña contra a febre amarela.[2] A decisión de participar da guerra chegou cando Elza aínda era menor de idade. A única posibilidade, pola limitación activa no país do acceso das mulleres ao exército, foi como enfermeira, parte da súa formación, diante da recusa do pai recorreu á nai para ingresar, en 1942, na turma das Samaritanas, como parte dun curso ofrecido pola Escola de Enfermaría da Cruz Vermella. Ao termo do curso en 1943, dirixiuse ao Ministerio do Exército e manifestou o seu desexo de servir ao seu país. Obtivo entón do Director de Saúde, o xeneral Souza Ferreira, a promesa de que sería avisada en caso de deslocalización das tropas. Neste primeiro contacto recibiu unha carta de recomendación, a mesma que presentou ao Comandante do 7ª Distrito Militar, no Recife, para onde se mudou despois de organizar o socorro aos feridos do navío Itapagé, en Alagoas, bombardeado polos alemáns.

En 1944 é recrutada polas forzas de guerra enviadas a Italia, como parte dun continxente de cinco mil brasileiros da FEB que viaxaban a bordo do navío General Mann. Polo seu dominio da lingua inglesa, alemá, francesa e italiana actuou como intérprete, xunto ao equipo de médicos e enfermeiras que atendían aos máis de trescentos feridos brasileiros no 45th Field Hospital, en Nápoles.

Dirixíndose ao Comandante da Forza Expedicionaria Brasileira- FEB, relatou a forma humillante como as enfermeiras brasileiras- que non tiñan patente militar- eran tratadas polas colegas americanas- todas oficiais. Grazas a Elza, as profesionais brasileiras, após análise realizada polas forzas militares, pasaron a ocupar o posto de 2º Tenente. Ademais de Elza Medeiros, Antonieta Ferreira, Carmem Bebiano, Ignácia de Melo Braga e Virginia Portocarreiro recibiron a promoción.

Entre as moitas homenaxes recibidas pola Comandante en referencia a súa loita antifascista, Elza Medeiros recibiu as medallas de campaña e a de Meritorius Service United Plaque, concedida polo exército americano.[3]

Notas editar