Elsie MacGill

a primeira muller deseñadora de avións

Elizabeth Muriel Gregory "Elsie" MacGill, nada en Vancouver o 27 de marzo de 1905 e finada Cambridge o 4 de novembro de 1980, coñecida como a "raíña dos furacáns", foi a primeira deseñadora de aeronaves do mundo. É pioneira en varios campos: foi a primeira muller canadense en graduarse en enxeñeira eléctrica en 1927,e a primeira norteamericana en graduarse en enxeñeira aeronáutica en 1929, a primeira muller en deseñar unha aeronave e a primeira muller en ser aceptada no Instituto de Enxeñaría do Canadá. Ademais foi unha gran defensora dos dereitos das mulleres e os nenos participando activamente para obter dereitos legais e laborais.

Infotaula de personaElsie MacGill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1905 Editar o valor em Wikidata
Vancouver, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSussex Court, University of Toronto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade de Míchigan
King George Secondary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro de aviación Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
NaiHelen Gregory MacGill (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHelen MacGill Hughes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: MacGill-22 Find a Grave: 90530253 Editar o valor em Wikidata

Traballou como enxeñeira aeronáutica durante a segunda guerra mundial e fixo moito para converter ao Canadá nunha potencia na construción de aeronaves durante os seus anos en Canadian Car and Foundry (CC&F) en Fort William, Ontario. Despois do seu traballo en CC&F, dirixiu unha exitosa empresa de consultoría. Entre 1967 e 1970 foi notaria na Comisión Real para o Status da muller en Canadá, publicado en 1970.[1]

Traxectoria editar

MacGill foi a filla máis nova de James Henry MacGill, un prominente avogado de Vancouver, xornalista de medio tempo, e ministro anglicano, e Helen Gregory MacGill, unha xornalista e a primeira xuíza da Columbia Británica. Tivo dous medios irmáns máis vellos, de parte do primeiro matrimonio da súa nai, e unha irmá máis vella a doutora Helen MacGill Hughes (1903) coa que era moi próxima.[1]

Nos primeiros anos, os nenos MacGill foron educados en casa cunha educación formal que imitaba a que se impartía na escola pública Señor Roberts, á que os demais nenos asistían. Esta educación incluía clases de debuxo con Emily Carr, e leccións de nado con Joe Fortes. Despois, asistiron á Escola Secundaria King George, que estaba afiliada á Universidade McGill. Esta educación rigorosa facilitoulle a Elsie a entrada á Universidade de Columbia Británica cando tiña 16 anos.

Cando MacGill tiña 12 anos, a súa nai foi elixida como xuíza da Corte Xuvenil de Vancouver. Despois de 1911, os conflitos raciais na Columbia Británica continuaron en aumento, e o traballo de Jim MacGill, relacionado coa situación ilegal dos inmigrantes tivo un impacto negativo. Isto causou severos problemas financeiro para a familia de Elsie durante os anos de guerra. Pero a súa temperá aptitude para "arranxar as cousas" axudou á familia a manterse en pé, e deulle un amplo panorama para a elección da súa carreira.

A súa nai foi unha defensora do dereito ao voto das mulleres e influíu a Elsie MacGill na súa decisión para estudar enxeñaría, o que a converteu na primeira muller admitida nun programa de enxeñaría no Canadá.[1] Elsie graduuse pola Universidade de Toronto en 1927, e foi a primeira muller canadense en obter un grao en enxeñaría eléctrica.[2]

MacGill foi admitida en 1923 no programa de Ciencias Aplicadas da Universidade de Toronto. Durante as vacacións traballaba en talleres de reparación de motores eléctricos para desenvolver os ensinos teóricos e prácticas do ano escolar. É neses talleres onde Elsie tivo as súas primeiras experiencias no recente campo de enxeñaría aeronáutica. Xusto antes da gradación contraeu mielitis infecciosa aguda, unha forma de poliomielite, e foille prognosticado que probablemente pasaría o resto dos seus días nunha cadeira de rodas.[3] Ela negouse a aceptar aquela posibilidade, e aínda así, aprendeu a camiñar apoiada en dous soportes de metal. Isto, mentres se convertía na primeira muller canadense en graduarse de enxeñaría eléctrica.

Despois da súa gradación, MacGill tomou un traballo cunha compañía en Pontiac, Míchigan. Durante ese tempo, a compañía comezou a fabricar aeronaves, o cal intensificou o interese de Elsie na aeronáutica. Tomou estudos estudos superiores de medio tempo en enxeñaría aeronáutica na Universidade de Míchigan, entrando de cheo no outono de 1927, ao programa da Mestría en Enxeñaría das Ciencias, onde comezou a traballar en deseños de aeronaves, e desenvolveu e conduciu as súas investigacións nas instalacións de aeronáutica na Universidade.[4] En 1929, converteuse na primeira muller de Norteamérica, e probablemente do mundo, en obter o grao de mestría en enxeñaría aeronáutica.[5][6]

Para axudarse a manter os seus estudos de doutoramento no MIT de Cambridge MacGill escribiu numerosos artigos de revista achega do voo e as aeronaves.[7]

Carreira profesional editar

En 1934, MacGill comezou a traballar nas operacións aeronáuticas de Fairchild en Montreal como un asistente de Enxeñeiro Aeronáutico. En 1938, foi a primeira muller en ser elixida como membro formal do Instituto de Enxeñaría do Canadá (EIC).[5] Presentou o seu traballo "Cálculos para un desempeño simplificado dos aeroplanos", ante a Real Sociedade Aeronáutica en Ottawa, o 22 de marzo de 1938. Máis tarde, o seu traballo foi publicado en The Engineering Journal . Ademais, participou na serie documental O Enxeñeiro en tempo de Guerra; da difusión canadense. O seu segmento foi chamado "Enxeñaría de Aeronaves Canadenses durante a guerra". En 1942, foi elixida co cargo de presidenta do Instituto de Enxeñaría do Canadá EIC, despois de ser vicepresidenta.

Nese mesmo ano, MacGill foi contratada como xefa de Enxeñaría Aeronáutica en Canadian Car and Foundry (CanCar) converténdose na primeira muller no mundo que alcanzou ese posto.[4] En CanCar deseñou e probou as novas aeronaves de adestramento o "Maple Leaf Trainer II".[8]

O "Maple Leaf Trainer II" foi deseñado e construído nas fábricas do CanCar en Fort William (agora Baía de Trono) onde MacGill mudouse. Aínda que o "Maple Leaf Trainer II" non foi utilizado polas forzas aliadas, dez deles (dous completados na fábrica, e oito ensamblados en México) foron vendidos a México onde o seu desempeño a grandes alturas foi de moita importancia para as múltiples manobras que se necesitaban. A función de MacGill na compañía cambiou cando a fábrica foi elixida para construír o avión de combate para a Real Forza Aérea británica (RAF). A compañía pasou de ter 500 empregados a 4,500 para o final da guerra, dos cales a metade deles foron mulleres. A función elemental de MacGill era supervisar as operacións na liña de produción, mentres a empresa expandíase durante ese tempo. Pero tamén foi a responsable de deseñar as solucións para que as aeronaves puidesen operar durante o inverno, introducindo funcións descongelantes e un sistema de esquíes fixos para poder aterrar na neve.

 
Elsie MacGill Retratada como "A Raíña dos Furacáns."

Para cando se clausurou a liña de produción en 1943, a CanCar producira máis de 1,400 avións.[5] En 1940 Elsie escribiu un traballo acerca diso que se chamou: "Os factores que Afectan a Produción en Masa de Avións", posteriormente publicados en The Engineering Journal. A súa función na produción exitosa destes aeroplanos fíxoa famosa, a tal punto que se publicou un libro de cómic nos Estados Unidos, utilizando o seu alcume, "raíña dos furacáns".[6] E así numerosos artigos e historias foron publicados acerca dela, xerando unha fascinación pública pola muller enxeñeira.

Despois de que a produción de aeronaves acabou, a CanCar obtivo un novo contrato coa Armada dos Estados Unidos para construír o Curtiss SB2C Helldivers. Pero esta produción tivo moitos contratempos e continuos cambios menores de Curtiss-Wright (á súa vez, esixido pola Armada dos Estados Unidos de América) que provocaron que a produción a grande escala tomase moito tempo en comezar. Á metade deste proxecto, MacGill e o xerente do persoal, E. J. (Bill) Soulsby, foron despedidos. Nun principio rumoreábase que Soulsby tivera un altercado cun grupo de axentes navais que visitou a fábrica unha semana antes, pero máis tarde revelouse que a razón dos despedimentos foi que MacGill e Soulsby sostiñan un romance.

En 1952, MacGill presentou unha conferencia na Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE): "A Iniciativa paia o desenvolvemento de liñas aéreas", que posteriormente foi publicada en The Engineering Journal . Un ano máis tarde a revista outorgoulle o anual Premio de Enxeñaría.

Os dereitos das mulleres editar

Tras fracturarse a perna en 1953, MacGill aproveitou a súa convalecencia de meses para organizar os papeis da súa nai e comezou a escribirlle unha biografía publicada en 1955.[1] O activismo e a participación da súa nai e a súa avoa no movemento de sufraxio inspiraron a Elsie a involucrarse intensamente na loita polos dereitos das mulleres durante os anos 1960.[4]

MacGill foi presidente da Federación canadense dos clubs de Mulleres Empresariais e Profesionais de 1962 a 1964.[1] En 1967 involucrouse na Comisión Real no Estado de Mulleres no Canadá e participou no informe publicado en 1970. Tamén fixo unha "Declaración Independente" describindo as opinións nas que difería da maioría na comisión. Por exemplo, quería que o aborto fose despenalizado completamente do Código Criminal.[4]

MacGill foi tamén membro do Comité para o Status da Muller en Ontario, e actuou no Comité Nacional de Acción para o status das Mulleres. Polo seu traballo neste comité outorgóuselle a Orde do Canadá en 1971.[6] 

Premios e recoñecementos editar

O traballo de MacGill gañou a medalla Gzowski do Instituto de Enxeñaría do Canadá en 1941. En 1953, Elsie, foi unha das 50 persoas, e a única muller, en obter o seu cadro na exclusiva Galería Gevaert de Executivos Canadenses, para honrar as súas contribucións e influencia. En marzo de 1953 a Society of Women Engineers (SWE) fíxolle membro honorario e outorgoulle o premio "Muller enxeñeira do Ano," esta foi a primeira vez que o gañou alguén de fóra dos Estados Unidos.[2]

MacGill foi premiada coa medalla Centennial polo goberno canadense en 1967, e coa Orde do Canadá en 1971 polos seus servizos como asesora de enxeñaría aeronáutica e como membro da Comisión Real para o Status das Mulleres. O "Noventa e nove" outorgáronlle a medalla Amelia Earhart en 1975; e en 1979 a Asociación de Enxeñeiras Profesionais de Ontario, outorgoulle a súa medalla de ouro. En 1983 foi inducida ao Salón da Fama de Aviación Canadense, e en 1992 foi unha das fundadoras inducidas ao Salón da Fama da Ciencia e a Enxeñaría Canadense en Ottawa.[3]

Recibiu doutoramentos honorarios das universidades de Toronto (1973), Windsor (1976), Queens (1978) e York (1978).

En 2019 o correo canadense emitiu selos postais coa súa imaxe en conmemoración dos pioneiros da aviación canadense.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Sissons, Crystal. "Elsie MacGill" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Elizabeth Muriel Gregory MacGill" (en inglés). 16 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Elizabeth Muriel Gregory MacGill" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Elizabeth 'Elsie' Gregory MacGill.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Elsie MacGill: la primera ingeniera aeronáutica - Canada Aviation and Space Museum". Consultado o 3 de noviembre de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Elizabeth Muriel Gregory "Elsie" MacGill" (en inglés). 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de noviembre de 2020. 
  7. "Queen of the Hurricanes" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  8. "Elsie MacGill – Women in Science Technology Engineering and Mathematics" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  9. "Canadians in Flight" (en inglés). Canada Post. 27 de marzo de 2019. Consultado o 3 de novembro de 2020.