Eliseo Sández Figueira

Médico ciruxán español

Eliseo Sández Figueira, nado en Carnota o 7 de maio de 1920, e finado na Coruña o 1 de decembro de 2008, foi un cirurxián galego cunha intensa e longa vida profesional na contorna da vila coruñesa.

Infotaula de personaEliseo Sández Figueira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1920 Editar o valor em Wikidata
Carnota, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntraumatólogo , cirurxián Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEliseo Sández Otero (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAlberto Berguer Sández (tío)
Ketty Quintana Lacaci (en) Traducir (consogro (pt) Traducir)
Lino Rodriguez Madero (en) Traducir (consogro (pt) Traducir)
Ramón Irago Silva (cuñado) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu o 7 de maio de 1920 na localidade coruñesa de Carnota, onde o seu pai, Eliseo Sández Otero, exercía como médico. Pouco tempo despois, trasladouse con toda a súa familia á Coruña, onde realizou todos os seus estudos da infancia e mocidade. Cando ía comezar a súa carreira universitaria, estala a guerra civil e as Universidades permancen pechadas, polo que tivo que agardar ó remate da guerra para comezar os seus estudos de Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago.

Con posterioridade foise a Madrid, a continuar os seus estudos na Universidade Complutense. Alí estudou e traballou varios anos. A súa formación como médico estivo sempre moi marcada pola oportunidade que tivo de estudar e traballar nos servizos médicos de Carlos Jiménez Díaz ou Gregorio Marañón. En Madrid especializouse primeiro en neurocirurxía, mais despois decidiu formarse como cirurxián xeral e dixestivo, tanto no entón Hospital Provincial de Madrid (hoxe, Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón), como no Hospital de San Pablo, de Barcelona.

Posteriormente regresou á Coruña, onde exerceu medicina e cirurxía xunto ó seu pai, no Sanatorio San Nicolás, que este fundara.

O Foucellas

editar

No ano 1943, o famoso guerrilleiro maquis Benigno Andrade, alias Foucellas, buscado polos axentes da Garda Civil, resultou ferido fortuitamente pola súa propia arma preto de Ordes.[1] O guerrilleiro foi ingresado baixo o nome falso de Juan Fernández, e operado con éxito no Sanatorio San Nicolás dos Doutores Sández,[2] que curiosamente lindaba parede con parede coa Comisaría Xeral de Policía, na céntrica Praza de Vigo da Coruña.

  1. Carlos Fernández, La Voz de Galicia. "Foucellas, el guerrillero osado". Arquivado dende o orixinal o 25/04/2016. Consultado o 26/05/2017. El famoso combatiente permaneció ingresado durante más de cinco meses en el antiguo hospital de San Nicolás... 
  2. CNT, Puerto Real. "Benigno Andrade García ejecutado a garrote vil". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2017. ...donde fue operado bajo nombre falso de Juan Fernández en el sanatorio de San Nicolás...