Elena Piñeiro Castro

farmacéutica galega

Elena Piñeiro Castro, nada en Carnota en 1907 e finada no mesmo concello o 27 de marzo de 1997, foi unha farmacéutica galega.

Infotaula de personaElena Piñeiro Castro
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Carnota, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de marzo de 1997 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Carnota, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, rematando en 1925.[1] Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1930.[2] Despois de rematar a carreira tomou posesión da botica na parroquia de Santa Comba de Carnota. De ideario republicano, estaba separada do seu marido e vivía acompañada da súa empregada do fogar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou audicións da “Pirenaica” na casa onde se atopaba a botica. Foi delatada e xunto coa empregada foron acosadas e agredidas de forma continuada polos falanxistas. Cortáronlle o pelo ao cero pola forza na principal praza de Carnota. A radio foille incautada. Finou en Carnota o 27 de marzo de 1997.[3]

Notas editar

  1. El Compostelano, 2-6-1925, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 27-2-1931, p. 8.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-3-1997, p. 38.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar