Eladio Vázquez Ferro

xornalista galego

Eladio Vázquez Ferro, nado no Carballiño o 18 de outubro de 1899, foi un xornalista e escritor galego.

Eladio Vázquez Ferro
Nacemento18 de outubro de 1899
Lugar de nacementoO Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun mestre. Emigrou a Cuba cara a 1918. Foi un dos redactores da revista literaria Juvencia (1922). Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana en novembro de 1922. Colaborou en Galicia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Progreso de Asturias, DM, Athenea e Chic. Directivo da Asemblea de Apoderados do Centro Gallego de La Habana, foi secretario do partido Afirmación Gallega (1937). En 1936 fundou, coa colaboración de Adolfo Víctor Calveiro, Cultura Gallega, da que foi subdirector e onde publicou artigos, relatos e poemas. Despois dirixiu Lar (1940-1941), órgano político de Afirmación y Defensa, simpatizantes do franquismo. Tamén colaborou en Cultura Hispánica e La Vida Gallega en Cuba (1951). Foi presidente da Sección de Bellas Artes do Centro Galego nos anos cincoenta. Visitou Galicia en 1953.[1][2] En 1964 era presidente da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.[3] O 25 de xullo de 1967 asistiu na Habana á misa solemne de ministros ofrecida pola Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia.[4] Marchou despois a Miami. Foi correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal editar

 
Voda de Eladio Vázquez Ferro e Eloisa Filgueiras Parapar.

Casou con Eloisa Filgueiras Parapar en 1924, e foi pai de Emilio Vázquez Filgueiras.

Notas editar

  1. La Noche, 4-9-1953, p. 6.
  2. La Voz de Galicia, 20-9-1953, p. 4.
  3. La Voz de Galicia, 4-1-1964, p. 9.
  4. La Voz de Galicia, 13-8-1967, p. 20.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar