El espíritu de la colmena

filme de 1973 dirixido por Víctor Erice

El espíritu de la colmena é un filme español de 1973 dirixido por Víctor Erice.

El espíritu de la colmena
Ficha técnica
Título orixinalEl espíritu de la colmena
DirectorVíctor Erice
ProdutorElías Querejeta
GuiónVíctor Erice e Ángel Fernández Santos
IntérpretesFernando Fernán Gómez, Teresa Gimpera, Ana Torrent, Isabel Tellería, Laly Soldevila, Miguel Picazo, José Villasante, Juan Margallo
MúsicaLuis de Pablo
FotografíaLuis Cuadrado
MontaxePablo G. del Amo
Estrea1973
Duración97 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0070040 Filmaffinity: 855997 Allocine: 3121 Rottentomatoes: m/spirit_of_the_beehive Allmovie: v111360 TCM: 91083 Metacritic: movie/the-spirit-of-the-beehive TV.com: movies/the-spirit-of-the-beehive Netlix: 70053552Editar o valor em Wikidata

Está ambientado en terras castelás nada máis rematada a Guerra Civil. Rodado na vila segoviano de Hoyuelos, onde se proxecta a película Frankenstein.

Argumento editar

Nun pequeno lugar de Castela, en plena posguerra a mediados dos anos corenta, Isabel (Isabel Tellería) e Ana (Ana Torrent), dúas irmás de oito e seis anos respectivamente, ven un domingo a película Frankenstein. Á pequena a visión do filme cáusalle tal impresión que non deixa de facer preguntas á súa irmá máis vella, que lle asegura que o monstro está vivo e que se oculta cerca da vila.

Elenco editar

Comentarios editar

Os actores que interpretan os 4 protagonistas chámanse coma eles na vida real. Segundo contou Erice máis dunha ocasión, isto non é casualidade, senón que é debido a que Ana Torrent, a nena protagonista non entendía por que os actores se chamaban dun xeito e de súpeto, ao comezar a gravar, cambiaban de nome. Este feito motivou que o director decidise cambiarlles os nomes a todos os protagonistas polos seus propios nomes.

O título do filme está sacado dun libro de Maurice Maeterlinck, no que este utliliza a expresión "o espírito da colmea" para describir ese "espírito todopoderoso, enigmático e paradoxal ao que as abellas parecen obedecer, e que a razón dos homes xamais chegou a comprender".[1] O filme foi estreado de novo no ano 2004.

Palmarés cinematográfico editar

Notas editar

  1. "Biografía de Erice". www.decine21.com (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  2. "Medallas do CEC á produción española de 1973". www.cinecec.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2018.