El Viso é un barrio situado na zona nordés da cidade de Madrid, no distrito de Chamartín. Toma o seu nome da colonia histórica realizada entre 1933 e 1936 por Rafael Bergamín Gutiérrez, arquitecto da xeración do 25, coa colaboración de Luis Felipe Vivanco.[1] Constitúe un exemplo do racionalismo madrileño (como o foron no seu momento algúns edificios das Facultades da Cidade Universitaria).[2] Componse de casas unifamiliares de dous pisos, moitas das cales foron habitadas por intelectuais da época. Na actualidade o barrio comprende, xunto a El Viso, as antigas colonias Parque Residencia e Iturbe IV.

Modelo:Xeografía políticaEl Viso, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°26′40″N 3°41′20″O / 40.4444, -3.6888Coordenadas: 40°26′40″N 3°41′20″O / 40.4444, -3.6888
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
Distritos municipais (pt) TraducirChamartín Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación17.223 (2018) Editar o valor em Wikidata (10.083,45 hab./km²)
Xeografía
Superficie1,708046 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Historia editar

Anos antes da construción de El Viso, o arquitecto Rafael Bergamín Gutiérrez proxectou a Casa do Marqués de Villora. En 1933, xa na Segunda República Española e conforme a «Lei de Casas Económicas» de 1925, Bergamín encargouse de construír o conxunto nuns terreos propiedade do promotor Gregorio Iturbe próximos aos denominados «Altos do Hipódromo», en referencia ao hipódromo da Castellana. A idea inicial era deseñar un complexo residencial de hoteis e vivendas baixas coa denominación «Cooperativa de casas económicas El Viso», inspirado nas obras de Adolf Loos.[3][4] Cando se construíron as casas, a colonia atopábase afastada do centro de Madrid e ocupaba unha das cotas máis elevadas da cidade, o que lle deu o seu nome.

Actualmente acolle como residentes a Rafael Moneo, a banqueira Ana Botín,[5] a familia Villar Mir,[6] o construtor e presidente do Real Madrid Florentino Pérez,[7] o fillo do expresidente do goberno José María Aznar,[8] o empresario Rafael del Pino e moitos outros membros do mundo aristocrático e empresarial.[9]

Transporte editar

Cercanías Madrid editar

Lindante con El Viso está situada a estación de Nuevos Ministerios (C-1, C-2, C-3, C-4, C-7, C-8 e C-10), unha das máis importantes da cidade.

Metro de Madrid editar

El Viso está ben servido por metro. As liñas 4, 6, 7, 8, 9 e 10 dan servizo ás seguintes estacións do barrio:

  • Avenida de América (L4, L6, L7 e L9) (Lindante)
  • Nuevos Ministerios (L6, L8 e L10) (Lindante)
  • Gregorio Marañón (L7 e L10)
  • República Argentina (L6)
  • Concha Espina (L9)
  • Cruz del Rayo (L9)
  • Santiago Bernabéu (L10)

Autobuses editar

As seguintes liñas dan servizo a El Viso:

Liña Terminais
7 Alonso Martínez – Manoteras
9 Sevilla – Hortaleza
12 Cristo Rey – Pº Marqués de Zafra
14 Conde de Casal – Avda. Pío XII
16 Moncloa – Pío XII
19 Plaza de Cataluña – Legazpi
27 Embajadores – Plaza de Castilla
29 Felipe II – Manoteras
40 Tribunal – Alfonso XIII
43 Felipe II – Estrecho
51 Sol / Sevilla – Plaza de Perú
52 Sevilla – Santamarca
73 Diego de León – Feria de Madrid
114 Avenida de América – Barrio del Aeropuerto
115 Avenida de América – Barajas
120 Plaza de Lima – Hortaleza
122 Avenida de América – Feria de Madrid
126 Nuevos Ministerios – Barrio del Pilar
147 Callao – Barrio del Pilar
150 Sol / Sevilla – Virgen del Cortijo
200 Avenida de América – Aeropuerto
C1 Circular 1
C2 Circular 2
N1 Cibeles – Sanchinarro
N2 Cibeles – Valdebebas
N4 Cibeles – Barajas
N22 Cibeles – Barrio del Pilar
N24 Cibeles – Las Tablas

Notas editar

  1. Amann, Eduardo (1966). "Paseo por "El Viso" madrileño del brazo de Bergamín". Nueva forma: arquitectura, urbanismo, diseño, ambiente, arte (2): 17–21. ISSN 0029-5825. 
  2. Midant, Jean-Paul (2004). Diccionario Akal de la arquitectura del siglo XX (1ª ed.). Akal. p. 199. ISBN 9788446017479. 
  3. Castillo Cáceres, Fernando (21 de novembro de 2011). Madrid y el Arte Nuevo (1925-1936): Vanguardia y Arquitectura (en castelán). il. Damián Flores Llanos (1ª ed.). Madrid: La Librería. pp. 132–134. ISBN 9788498731637. 
  4. Guerra de la Vega, Ramón (1981). Madrid (1920-1980): Guía de Arquitectura Contemporánea (1ª ed.). Madrid: autoeditado. pp. 20–21. ISBN 9788430053629. 
  5. Pina, Marina (14 de abril de 2018). "Así es la vida de Ana Botín, la banquera mejor pagada". El Mundo (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  6. Bercovitz, Vera; García Jaén, Braulio (23 de xullo de 2018). "La deriva de Villar Mir (y su yerno López Madrid)". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  7. Paniagua, Mayka (10 de xaneiro de 2018). "Florentino Pérez, de la megamansión de El Viso a su nuevo paraíso gaditano". La Información (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  8. Sánchez Juárez, Ana (21 de febreiro de 2019). "Aznar Jr ya habita su mansión en El Viso de 1,8 millones de euros... más la reforma". La Información (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  9. Mellado, Ana (9 de marzo de 2015). "El Viso, el olimpo de las supermansiones". ABC (en castelán) (Vocento). Consultado o 20 de junio de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar