El Pedró, Cornellà de Llobregat

El Pedró é un barrio situado na parte alta da cidade de Cornellà de Llobregat, na provincia de Barcelona. Crece cara ao nordés, entre a estrada de Esplugues e Sant Joan Despí.

Estación de El Pedró do Trambaix.

As súas primeiras construcións datan de principios do século XX, vinculadas ao movemento obreiro en expansión pola instalación de varias fábricas na zona. A maioría da poboación que se instalou no barrio proviña de Barcelona e tamén de Andalucía e Estremadura. Actualmente é o barrio con menos servizos.

Nel atópanse o cemiterio municipal, o Pavillón de Can Carbonell, a estación de bombeiros, as escolas públicas Ignasi Iglesias e Sant Miquel, a Plaça Pallars e Can Bagaria.

Pódese chegar en transporte público a través da estación de El Pedró das T1 e T2 do Trambaix. Ademais os autobuses urbanos 57, 67, 68, 94 e 95 e o nocturno N14 tamén teñen parada no barrio.

Coordenadas: 41°21′51″N 2°04′20″L / 41.36417, -2.07222