El Iris (Pontevedra)

El Iris foi un periódico editado en Pontevedra en 1861.

El Iris
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Boletín de ensinanza primaria, apareceu en xaneiro de 1861. Dirixido por Ángel Rubido, foi un intento de continuar o labor de La Constancia logo do falecemento do seu director. Entre os seus colaboradores figurou Emilio Álvarez Giménez. Gran parte do maxisterio pontevedrés opúxose á pretensión de Ángel Rubido, pois pretendían auxiliar á familia do finado director de La Constancia cos beneficios que podía darlles o periódico. A raíña Isabel II expediu unha real orde en abril na que aconsellaba aos mestres que mercasen a publicación para axudar á familia do fundador e director. Como consecuencia El Iris, falto de subscritores, deixou de publicarse en xuño.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar