O Escorial, Madrid
O Escorial[1][2] (en castelán e oficialmente El Escorial) é un concello da Comunidade de Madrid, pertencente á comarca de Cuenca del Guadarrama.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Capital | El Escorial | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.873 (2023) (245,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68,8 km² | ||||
Altitude | 909 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Vicente Rubio (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28292 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28054 | ||||
Sitio web | elescorial.es | ||||
Localización
editarEstá situado na zona noroeste da rexión, ao pé da vertente meridional da Serra de Guadarrama, a uns 46 quilómetros da cidade de Madrid. É designado popularmente como El Escorial de Abajo, para diferencialo da veciña localidade de San Lorenzo de El Escorial, que recibe, pola súa banda, o nome oficioso de El Escorial de Arriba. É atravesado polo río Aulencia, o principal afluente do Guadarrama. Linda ao norte co municipio de San Lorenzo de El Escorial, que tamén o arrodea polo oeste, xunto con Robledo de Chavela e Zarzalejo. Ao suroeste aparece Navalagamella e, ao sur, Valdemorillo, Colmenarejo e Galapagar, municipio que tamén toca o seu parte oriental.
Lugares e monumentos
editarDentro do seu termo foi erixido, no século XVI, o soado mosteiro do Escorial. Con todo, esta construción atópase na actualidade en San Lorenzo de El Escorial, municipio xurdido dous séculos despois, como unha segregación do Escorial. Por iso, o edificio tamén é coñecido como mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.
Desde o 21 de xuño de 2006, o seu termo municipal atópase protexido pola Comunidade de Madrid como Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico ou Sitio Histórico. Nesta figura inclúense tamén San Lorenzo de El Escorial, Santa María de la Alameda e Zarzalejo, pobos que, como aquel, formaron parte dun territorio de reguengo e abadengo constituído no século XVI, ao redor do Real Mosteiro, e que recibiu o nome de Real Sitio de El Escorial.
Ademais, a Casita del Príncipe, un dos principais monumentos do Escorial, forma parte da declaración de Patrimonio da Humanidade, realizada pola Unesco o 2 de novembro de 1984, en referencia en referencia ao Mosteiro e ao Real Sitio.
Demografía
editar1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
8554 | 9444 | 10.053 | 10.549 | 11.209 | 11.912 | 12.669 | 12.975 | 13.768 | 14.113 | 14.492 | 14.873 |
Notas
editar- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manierismo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: El Escorial |