El Club (filme de 2015)

filme de 2015 dirixido por Pablo Larraín

El Club é un filme chileno de 2015 dirixido, coproducido e coescrito por Pablo Larraín. Estreouse na competición principal da 65ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[3] onde gañou o Gran Premio do Xurado.[4] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5] En decembro de 2015 converteuse no segundo filme chileno que foi candidato ao Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.[6]

El Club
Ficha técnica
Título orixinalEl Club
DirectorPablo Larraín
Produtor
  • Juan de Dios Larraín
  • Pablo Larraín
Guión
  • Guillermo Calderón
  • Pablo Larraín
  • Daniel Villalobos
Intérpretes
  • Roberto Farías
  • Antonia Zegers
MúsicaCarlos Cabezas
FotografíaSergio Armstrong
MontaxeSebastián Sepúlveda
EstreaBerlín: 9 de febreiro de 2015
Chile 28 de maio de 2015
Duración97 minutos[1]
OrixeFlag of Chile.svg Chile
Recadación483 222 dólares[2]

ArgumentoEditar

Baixo a atenta mirada dunha muller que se ocupa deles, catro sacerdotes viven nunha pequena casa da localidade de La Boca. Todos eles cometeron actos censurables e atópanse nese retirado fogar castigados polas autoridades eclesiásticas. A muller á unha monxa e a casa serve de agocho para sacerdotes pecadores.

Todos conseguen establecer unha rutina adestrando un galgo de carreiras ata que un día chega un quinto sacerdote, un pederaste que lles lembra as desgrazas das súas vidas pasadas.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. British Board of Film Classification, ed. (19 de febreiro de 2016). "The Club (18)". Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  2. Box Office Mojo, ed. (7 de febreiro de 2016). "The Club (2016) - International Box Office Results". Internet Movie Database. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  3. berlinale.de (ed.). "Berlinale 2015: Competition Complete". Consultado o 28 de xaneiro de 2015. 
  4. Berlinale (ed.). "Prizes of the International Jury". Consultado o 14 de febreiro de 2015. 
  5. Mango, Agustin (9 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Chile Selects 'The Club' for Foreign-Language Category". Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  6. González M., Rodrigo (10 de decembro de 2015). "Película chilena "El Club" es nominada a Globos de Oro". La Tercera. Arquivado dende o orixinal (SHTML) o 10 de decembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar