Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci

Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci (en galego Un recordo infantil de Leonardo da Vinci) é unha obra de Sigmund Freud de 1910. Trátase da aplicación dos métodos da psicanálise clínica ó estudo biográfico de personaxes históricos. O presente traballo sobre Leonardo da Vinci foi a última incursión a grande escala de Freud no campo da biografía debido ó recibimento de desaprobación posterior.[1]

Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci
Autor/aSigmund Freud
Lingualingua alemá
Data de pub.1910 e 1911
editar datos en Wikidata ]
Interpretación freudiana dun voitre no cadro de Leonardo da Vinci Santa Ana, A Virxe e o Neno, descubrimento efectuado inicialmente por Pfister, e acollido por Freud con bastante reserva.

Contido

editar

Na obra desempeña un papel fundamental o recordo ou fantasía de infancia de Leonardo de ser visitado no seu berce por unha ave de presa introducíndolle a cola na súa boca. Diso deriva precisamente o maior defecto da incursión de Freud: a tradución errónea do termo orixinal miñato por voitre.[2] De aí abandonarase a idea do paxaro oculto no cadro Santa Ana, A Virxe e o Neno, así como o nexo co xeroglífico correspondente á palabra exipcia nai, dado que en ámbolos casos se alúde a un voitre e non ó miñato do caderno de anotacións de Leonardo.[3]

Con todo, considérase que o erro de Freud non afecta á esencia do estudo debido ás seguintes consideracións:[2]

  1. A detallista reconstrución da vida emocional de Leonardo da Vinci a partir dos seus primeiros anos.
  2. A descrición do conflito entre os seus impulsos artísticos e científicos.
  3. A profunda análise da súa historia psicosexual.

Engadíndose colateralmente diversas temáticas de considerable importancia:[2]

  1. Unha análise máis xeneralizada da natureza e operacións anímicas do artista creador.
  2. Un trazado inicial da orixe dun dos tipos de homosexualidade.
  3. A primeira exposición completa do concepto de narcisismo.
  1. Un recordo infantil de Leonardo da Vinci. Nota introductoria de James Strachey. Páx. 57.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ibídem.
  3. Ibídem. 58.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Freud, Sigmund. Obras completas de Sigmund Freud. Volume XI - Cinco conferencias sobre Psicanálises, Un recordo infantil de Leonardo da Vinci, e outras obras (1910). 2. Un recordo infantil de Leonardo da Vinci (1910). Tradución José Luís Etcheverry. Buenos Aires & Madrid: Amorrortu editores. ISBN 978-950-518-587-0. 

Ligazóns externas

editar