Egilmar I de Oldemburgo

Egilmar I, nado en 1040 e finado en 1112, tamén coñecido como Elimar I, foi o primeiro conde de Oldemburgo e reinou entre 1101 e 1108.

Modelo:BiografíaEgilmar I de Oldemburgo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1040 Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1108 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Conde County of Oldenburg (en) Traducir
Egilmar II de Oldemburgo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Oldemburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRicheza in Dithmarschen Editar o valor en Wikidata
FillosGertrude in Lerigau, Egilmar II de Oldemburgo Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Vida e familia

editar

Egilmar casou con Rixa (tamén coñecida como Rikissa e Richenza, isto é, Riquilda), quen segundo os anais de Stade foi a filla de Dedi ou Adalger.[1]

O nome de Egilmar/Elimar atópase nunha carta que data de 1108. A súa esposa pretendía descender de Viduquindo, un notable defensor dos saxóns e o principal opoñente de Carlomagno durante as guerras saxoas de 777 a 785, pero non hai outra evidencia disto.[2]

Egilmar é o antepasado patrilineal da Casa de Oldemburgo, que gobernaron como monarcas de Dinamarca de forma continua desde 1448, e tamén como condes, duques, reis, ou emperadores de Noruega, Suecia, Rusia, Oldemburgo, Schleswig-Holstein, Lauemburgo, e Grecia. Descendentes patrilineais actuais de Egilmar inclúen a Margarida II de Dinamarca, Harald V de Noruega, Filipe VI de España, Constantino II de Grecia, María Vladimirovna Romanova, Carlos de Gales, herdeiro aos tronos dos reinos da Commonwealth, e Cristovo de Schleswig-Holstein, o actual descendente maior de Egilmar por liña masculina.[3]

Foi sucedido polo seu fillo Egilmar II.

  1. Donald C. Jackman, Canes palatini: Dynastic Transplantation and the Cult of St Simeon, p. 8
  2. The Athenæum (1894), p. 494
  3. Michel Huberty, L'Allemagne dynastique, Volume 7, Giraud, 1994, ISBN 2-901138-07-1, ISBN 978-2-901138-07-5
Egilmar I de Oldemburgo


Títulos Reais
Precedido por
Título novo


Conde de Oldemburgo
1101–1108
Sucedido  por
Egilmar II

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.