Eduardo Seoane Barral
ferroviario galego
Eduardo Seoane Barral, finado na Coruña en outubro de 1941, foi un ferroviario galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | outubro de 1941 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | traballador ferroviario ![]() |
Traxectoria
editarAcusado dunha sabotaxe ferroviaria entre as estacións de Teixeiro e Guitiriz, nas inmediacións do apeadoiro de Aranga, foi xulgado na Causa 650/1941 por un delito contra a seguridade do Estado xunto a Victor Pérez Arbea. Foi condenado a morte. Foi fusilado na Coruña en outubro de 1941.[1][2]