Eduardo Rey Rodríguez

político e mestre galego

Eduardo Rey Rodríguez, nado en Vilariño (Cuntis) o 3 de outubro de 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaEduardo Rey Rodríguez
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vilariño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cuntis
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a formación Socialistas Independentes de Cuntis (escisión socialista da localidade) e foi elixido alcalde de Cuntis grazas a un pacto co PSdeG-PSOE, formación á cal regresaría pouco tempo despois. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG e foi reelixido alcalde por maioría absoluta, de igual maneira que conseguiría nas municipais de 1991 e 1995.

Nas municipais de 1999 gañou novamente, pero sen maioría absoluta, polo que foi reelixido como cabeza de lista máis votado. Nas municipais de 2003 recuperou a maioría absoluta, acordando co partido a súa retirada a metade de mandato. Finalmente, dimitiu o 21 de xuño de 2005.[1] En agosto dese mesmo ano recibiu unha homenaxe por parte dos seus compañeiros de partido.[2]

En abril de 2006 foi inhabilitado por 8 anos pola concesión dunha obra sen pasala polo pleno.[3] Porén, a Audiencia Provincial absolveuno en setembro dese mesmo ano.[4]


Predecesor:
Moisés González Ameijeiras
  
Alcalde de Cuntis
 
1983 - 2005
Sucesor:
Fátima Monteagudo Pereira

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar