Eduardo Palaio

Escritor portugués

Eduardo Palaio, nado en Sintra (Portugal) o 10 de xaneiro de 1942, é un muralista, cartoonista, pintor e escritor portugués.[1]

Infotaula de personaEduardo Palaio
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Sintra, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Sintra sentiuse do concello de Siexas por opción e adopcion. Pasou a infancia en Figueira da Foz. Fixo catro anos de servizo militar obrigatorio sendo comandante de combate en Angola. Exerceu diversas profesións e moita actividade política e asociativa. Foi convidado pola ONU para traballar na OIT en Xenebra.[2]

Eduardo Palaio iniciou a súa actividade artística polo deseño de humor, publicando traballos no «Mundo Ri», baixo a dirección de José Vilhena, e en 1966 expuxo, por primeira vez, traballos de deseño e pintura.[3] Palaio ten traballos tamén como como muralista e cartoonista. Nos anos 1970 e 1980, publicou regularmente cartoons nun semanario e, entre 1982 e 2000, presentou nove exposicións individuais de pintura e participou en varias colectivas. É autor de nove murais no concello do Seixal.[4]

Participou nos Salões Nacionais de Caricatura e Desenho de Humor e como convidado en 3 exposicións internacionais en Cuba (1986/93/98) e en México (1994 e 1998).[5]

Transformou a tipografía familiar nun espazo museolóxico, en parcería coa Câmara Municipal do Seixal.[6]

Caixa Baixa, mereceu, segundo o xurado, o Prémio Manuel da Fonseca pola súa consistencia ficcional, orixinalidade dos temas e a súa erudición, ben como pola elevada calidade literaria da narrativa. Alén diso, o autor revela un dominio da xeografía europea, que usa como territorio ficcional para as súas historias e ten unha capacidade de efabulación fóra do común.[7][8]

Os Dez de Tânger céntrase nos camiños tortuosos dunha expedición feita por soldados descoñecidos, nos segredos do pobo miúdo arrebañado para a guerra. Trátase dunha historia épica de dez homes con vidas reais que partiran á aventura de novos horizontes nunha expedición ao Norte de África.[9]

Obras editar

  • 5 séculos de Tipografia
  • PeregrinaCão de Artur Vilar (1975). Ed.Miosótis. Inspirado nas historias dun home que coñeceu en Angola, sapateiro, antigo cazador profesional, guía e dono de facenda.
  • Pinta-o às bolinhas azuis (1980). Ed Plátano.
  • Botas, buques e bicicletas, Comer fora, Faz sentido (1998). Ed. de autor.
  • Comer fóra (1999). Ed. de Autor.
  • Uma história para os meninos. Ed. Dors.
  • Faz sentido (2000). Ed. de Autor.
  • Caixa Baixa (2011). Edições Colibri.
  • Os Dez de Tânger (2014). Club do Autor.

Premios editar

  • 2010: VIII Prémio Nacional do Conto Manuel da Fonseca, por Caixa Baixa.
  • 2011: Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco da Associação Portuguesa de Escritores, por Caixa Baixa.[10]

Notas editar

  1. "Eduardo Palaio. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-24. 
  2. "Nota Biográfica" (PDF). biblioteca.cm-seixal.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2020. 
  3. "Autores Locais - Eduardo Palaio". biblioteca.cm-seixal.pt. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2020-05-24. 
  4. "Eduardo Palaio recebe Grande Prémio do Conto". TVI24 (en portugués). Consultado o 2020-05-24. 
  5. "Eduardo Palaio". Casa de Camilo (en portugués). Consultado o 2020-05-24. 
  6. Santos, Mara Gonçalves, Nuno Ferreira. "Eduardo Palaio, o guardião da tipografia". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-05-24. 
  7. "Eduardo Palaio do Seixal vence Premio Nacional Manuel da Fonseca Santiago do Cacem mantem Premi". Rostos on-line. Consultado o 2020-05-24. 
  8. "Caixa Baixacinco Contos - Eduardo Palaio". www.fnac.es. Consultado o 2020-05-24. 
  9. "Os Dez de Tânger - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-24. 
  10. "Eduardo Palaio recebeu Grande Prémio do Conto Camilo Castelo Branco". www.famalicao.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-24.