Eduardo Martínez del Campo
Eduardo Martínez del Campo Acosta, nado en Belorado (Burgos) o 13 de outubro de 1840 e finado en Madrid o 11 de abril de 1911, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustia durante o reinado de Afonso XIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eduardo Martínez del Campo y Acosta 13 de outubro de 1840 Belorado, España |
Morte | 11 de abril de 1911 (70 anos) Madrid, España |
Ministro | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Presidente do Tribunal Supremo de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | maxistrado, político |
Empregador | Tribunal Supremo de España |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Traxectoria
editarDeputado pola circunscrición de Burgos nas eleccións de 1886, en 1891 pasou ao Senado en representación da provincia de Burgos até que en 1900 foi nomeado senador vitalicio.
Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 21 de outubro de 1909 e o 9 de febreiro de 1910 nun gabinete que presidiu Segismundo Moret.
En 1891 accedeu ao Tribunal Supremo como maxistrado, chegando a ser o seu presidente entre 1901 e 1909.
Casou con Eugenia Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos e a súa filla María Eugenia Martínez del Campo Montero Ríos casou con Juan Yagüe Blanco o 8 de maio de 1926.[1]
Notas
editar- ↑ Diario de Burgos, Boda del Comandante Yagúe con una burgalesa, 10 de maio de 1926
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Santos de Isasa y Valseca |
Presidente do Tribunal Supremo 1901 - 1909 |
Sucesor: José de Aldecoa Villasante |
Predecesor: Juan Armada Losada |
Ministro de Graza e Xustiza 1909 - 1910 |
Sucesor: Trinitario Ruiz Valarino |