Eduardo López Rodríguez
Eduardo López Rodríguez, nado en Cangas, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Mestre. Militante de Falange Española de las JONS. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi voluntario do exército franquista e alcanzou o grao de álferez provisional. Foi delegado do Frente de Juventudes de Cangas. Foi nomeado alcalde de Cangas polo Ministro da Gobernación en xullo de 1965.[1] Permaneceu no posto até 1974.
Predecesor: Antonio Camiña Bastos |
Alcalde de Cangas 1965 - 1974 |
Sucesor: Antonio Graña Giráldez |
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-7-1965, p. 10.