Eduardo López Budén

Eduardo López Budén, nado cara a 1862 e finado na Coruña o 26 de setembro de 1927, foi un político, xornalista e profesor galego.

Eduardo López Budén
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Creou un centro de ensino privado cara a 1900. Foi nomeado administrador dos establecementos municipais de beneficencia en 1911,[1] e despois foi xefe de Sección do Concello da Coruña. Foi un dos impulsores da institución cultural La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento e animador do Centro de Estudios Sociales Germinal. Republicano, foi presidente do Casino Republicano da Coruña. En novembro de 1918 foi elixido membro do directorio do Partido Republicano Coruñés con Antonio Lens Viera e Santiago Casares Quiroga.[2] Morreu na Coruña de tumorización pilórica aos 65 anos.[3]

RecoñecementosEditar

A corporación republicana da Coruña déulle o seu nome á Rúa Ángel Rebollo o 15 de xullo de 1931. Pero despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ostentar o seu anterior nome por acordo do Concello de 18 de setembro de 1936.[4]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 2-2-1911, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 27-11-1918, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 27-9-1927, p. 4.
  4. "Calles coruñesas, Álgel Rebollo", por Juan Naya, La Voz de Galicia, 18-2-1968, p. 22.