Edmundo Moure Rojas

escritor chileno

Edmundo Rafael Moure Rojas, nado en Santiago de Chile o 4 de febreiro de 1941, é un escritor chileno.

Infotaula de personaEdmundo Moure Rojas
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , editor literario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1224477 Dialnet: 778906

Traxectoria

editar

Fillo de Cándido Moure Rodríguez, galego oriundo de Vilaquinte (Carballedo) emigrado a Arxentina en decembro de 1924 e definitivamente a Chile en 1933, e Fresia Rojas Ramírez, chilena de Valparaíso. Foi presidente da Sociedad de Escritores de Chile (1988-1989). Creou o Centro de Estudios Gallegos na Universidade de Chile. En xullo de 1999 realizou o curso avanzado de galego no Instituto da Lingua Galega, e dende 2001 rexenta a Cátedra Galicia da Universidade Santo Tomás de Santiago de Chile. Foi Director Cultural do Lar Gallego de Chile. En 1985 participou como relator no Congreso “Rosalía de Castro e o seu Tempo”. En 1997 obtivo en Galicia un premio polo seu ensaio Chiloé y Galicia, Confines Mágicos.

Poesía

editar
  • Ciudad crepuscular, 1981.
  • Más allá del pan, 1982.
  • Instantáneas, 1983.
  • Rebeca, 1986.
  • Entresiglos y quimeras, 1994.
  • Oraciones tardías, 2007.[1]

Narrativa

editar
  • Tres veces siete, 1984.
  • La voz de la casa, 1985.
  • Gente de la Tierra, 1987.
  • Cuentos y poemas del mundo minero, 1997.

Ensaio

editar
  • Antología de la poesía contemporánea chilena, 1987.
  • Palabras de Sur a Norte, 2004.
  • Chiloé y Galicia confines mágicos, 2009.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar