Edición de peto

Os libros de peto[1] son os libros de pequeno tamaño que podían caber no peto dun lector.

Anuncio de 1895 para unha edición de peto do Webster's Dictionary.

HistoriaEditar

A necesidade de publicar libros destas características xa estaba presente na Roma Antiga, onde ao redor do século I existían uns libros chamados puxilares en forma de códice, que podían manterse facilmente coa man.

Os libros de peto existen dende os tempos das primeiras edicións, mesmo antes da invención da imprenta. Por exemplo, o evanxeo de principios do século VIII coñecido como St Cuthbert Gospel ten un tamaño de páxina de só 138 x 92 mm. Tras a invención da imprenta, a primeira colección de libros posta en marcha coa idea de que fosen cómodos de usar durante as viaxes ou paseos foi a do italiano Aldo Manucio; o seu formato describiuse coa expresión enchiridi forma, é dicir, libros «en forma compacta ou manual». Algo semellante fixo no século XVII, en Holanda, a familia Elzevir cunha colección de clásicos.

Nos territorios do que logo serría Alemaña, cuxos círculos literarios durante o século XVIII tiñan un carácter máis burgués que en Francia ou Inglaterra, a lectura estendeuse socialmente até o punto de crear sociedades de lectores. Esta paixón foi útil á Ilustración para difundir a súa literatura didáctica e recreativa. Neste sentido, dende Alemaña espalláronse polo resto de Europa libros pequenos e almanaques ilustrados como literatura de entretemento.

O concepto de producir unha edición de peto específica dun libro data do século XX. Refírese a unha edición que foi modificada para caber no peto do lector, normalmente mediante o uso de papel máis fino, letra máis pequena e abreviatura do texto.


Xa desde o XX, polo menos en Gran Bretaña, existían edicións de libros baratos e de baixa calidade coñecidas como "penny dreadfuls" (centradas en contidos arrepiantes). Non obstante, a idea moderna do libro en edición rústica, chamada en Inglaterra paperback books, materializouse en 1935 coa editorial inglesa Penguin Books. Creado por Allen Lane, publicou libros baratos (6 peniques, 'como un paquete de cigarros') e paperback, coidando tamén a calidade dos textos e do material.

Cando a idea chegou aos Estados Unidos, en 1939 cos paperback da editorial Simon and Schuster, apareceu o nome de "Pocketbook", literalmente "libro de peto", para referirse a este novo formato de libro; foron especialmente populares entre os soldados da Segunda guerra mundial, debido á súa facilidade de transporte e uso.

En 1972 apareceu en Italia a mille lire, un libro a 1000 liras (o prezo dun café, entón), cando o prezo normal dun libro até entón era de 34.000 liras. Creado por Marcello Baraghini, o modelo foi adoptado por outras editoriais do país e do estranxeiro, como ocorreu en Francia para os libros de 10 francos.[2]

En España, a primeira editorial que publicou unha colección de peto foi Espasa Calpe, coa «Colección Austral», iniciada en 1939 co ensaio La rebelión de las masas de José Ortega y Gasset. O deseño imitaba en parte o minimalismo das edicións Penguin e adoptou o uso de cores para indicar o tipo de contido. Posteriormente, a relevancia das portadas nas edicións de rústica foi destacada significativamente polo traballo de Daniel Gil para a colección «El Libro de Bolsillo» de Alianza Editorial.[3]

Cara a mediados da década dos 90, cando a rústica comeza a cobrar protagonismo en Alemaña ou Gran Bretaña, xa constituía o 40% do negocio editorial. A finais da década de 2000, os libros de rústica representaban o 10% do mercado editorial en España.[4]

CaracterísticasEditar

As edicións de peto foron criticadas por "non ser realmente aptas para o uso da biblioteca", coa recomendación de que "as compradas para cubrir ocos cando non se dispoñía de alternativa deberían ser relegadas á reserva en canto poidan ser substituídas".[5]

Un tipo de libro publicado popularmente en formato de peto é o dicionario de peto como edición de dicionarios máis grandes. Un dicionario de peto xeralmente "contén non máis de 75.000 entradas", [6] con información abreviada sobre cada entrada, en comparación coas 170.000 entradas ou máis dun dicionario de peto típico, o que fai que o dicionario de peto sexa inadecuado para o seu uso por parte dos estudantes máis aló do nivel secundario.[6] Un crítico describiu o dicionario de peto como "case inútil, excepto como unha fráxil guía de ortografía e pronuncia".[7] Unha opinión contraria é que aínda que un dicionario de peto non pode substituír o dicionario de escritorio, "como ferramenta de aprendizaxe portátil, o dicionario de peto vale o seu peso en ouro".[8]

Outro tipo de libros de peto que eran populares entre os profesionais antes de ser substituídos por teléfonos intelixentes son os libros de referencia especializados. Van desde un catálogo moi técnico de estándares para enxeñeiros estruturais,[9] até o "Nephrology Pocket", un resumo de libros de texto médicos sobre nefroloxía que contén todos os diagramas e táboas esenciais.[10]

 
Nephrology pocket, de Alexander S. Goldfarb-Rumyantzev e Robert S. Brown

NotasEditar

  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-06-04. [Ligazón morta]
  2. Cf. Fréderic Barbier e Catherine Bertho Lavenir, cit., p. 195.
  3. Cf. Culturaimpopular.com, «El nacimiento del libro de bolsillo», 11-4-2010, consultado en 7-3-2011.
  4. Cf. Marta Vázquez-Reina, «Os libros de peto, a mellor fórmula para ler en tempos de crise », consumer.es, 22-2-2009, consultado o 3-7-2011.
  5. The Librarian and Book World - Volumes 39-40 (195), p. 341.
  6. 6,0 6,1 Mary Ellen Guffey, Carolyn Seefer, Business English (2010), p. 5.
  7. Harry Shaw, Building a Better Vocabulary (1984), p. 12.
  8. Walter Pauk, Ross J.Q. Owens, How to Study in College (2010), p. 133.
  9. Structural Engineers Pocket-Book 2nd. 2009. ISBN 978-0-750-68686-0. 
  10. Nephrology pocket. Borm-Bruckmeier-Publishing. 2014. ISBN 978-1-591-03270-0. 

Véxase taménEditar