Economía de Bosnia e Hercegovina

Economía de Bosnia e Hercegovina
Moeda marco convertible
Organizacións comerciais de que fai parte CEFTA
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 29,9 mil millóns (2008)
PIB (posición) 105ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 5,6% (2008)
PIB per cápita US$ 6 500 (2008)
PIB por sector agricultura 10,2%, industria 23,9%, comercio e servizos 66% (2006)
Inflación anual 8% (2008)
Poboación abaixo da liña da pobreza 25% (2004)
Total da forza de traballo 1 196 000 (2007)
% traballadores por sector agricultura 19,8%, industria 32,6%, comercio e servizos 47,6% (2007)
Desemprego 29% (2007)
Principais industrias aceiro, carbón, minería de ferro, chumbo, zinc, manganeso, bauxita, montaxe de vehículos, téxtiles, produtos de tabaco, móbiles de madeira, montaxe de tanques e avións, utensilios domésticos, refino de petróleo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 5 092 millóns f.o.b. (2008)
Principais produtos exportados metais, roupas, produtos de madeira
Principais mercados Croacia 21%, Eslovenia 16,5%, Italia 16,1%, Alemaña 13,3%, Austria 9,6%, Hungría 5,7% (2007)
Importacións (US$) 11 940 millóns (2008)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, produtos químicos, combustibles, alimentos
Principais parceiros Croacia 24,7%, Eslovenia 13,3%, Alemaña 13,1%, Italia 10,4%, Austria 7%, Turquía 6,5%, Hungría 5,4% (2007)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 8 353 millóns (2008)
Receitas (US$) 8 607 millóns
Despesas (US$) 8 962 millóns (2008)
Axuda económica recibida (US$) 546,1 millóns[3] (2005)

Coa guerra civil entre o 1992 e o 1995 a produción da Bosnia e Hercegovina caeu 80%, o desemprego elevouse, subsistindo a maior parte da poboación grazas á axuda humanitaria do exterior. Á deterioración da economía uniuse o bloqueo económico por parte de países veciños como Serbia e Croacia. Coa paz, a produción recuperouse fortemente entre o 1996 e o 1999. Entre o 2003 e o 2008 o crecemento da economía superou 5% ao ano[1]. O país aínda é unha das ex repúblicas máis pobres da antiga Iugoslavia.

O marco convertible é a moeda do país dende o 1998. A súa paridade co euro é de 0,51129 EUR por 1 BAM (é dicir 1 EUR = 1,95583 BAM), a mesma que se fixou co antigo marco alemán coa aparición do euro.

A confianza no sector bancario ten crecido, así como o sector privado e o investimento estranxeiro, pero o gasto do goberno sitúase no patamar de 40% do produto interno bruto, debido á redundancia das accións públicas en nivel nacional e municipal. Un grande déficit público e o alto desemprego son os principais problemas macroeconómicos[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2009. 
  3. http://globaledge.msu.edu