Economía de Afganistán

A economía de Afganistán recupérase de décadas de conflitos, e mellorou logo da caída do goberno Talibán o ano 2001, especialmente pola axuda estranxeira e a recuperación da agricultura[1]. Os millóns de dólares recibidos de axuda internacional despois de 2002 e os envíos feitos por expatriados – que o 2006 atinxiron 3,3 mil millóns de dólares[3] - contribuíron para esta mellora da economía. Para esta recuperación axudou tamén o fin dunha seca que se prolongou por catro anos, e melloras na agricultura. Aínda así o Afganistán é un dos países máis pobres do mundo.

Economía de Afganistán
Moeda afgani
Organizacións comerciais de que fai parte SAARC, OCE
Datos estatísticos[1]
PIB 45,3 mil millóns (2013)
Posición do PIB 101ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,1% (2013)
PIB per cápita 1 100 (2013)
PIB por sector agricultura 20%, industria 25,6%, servizos 54,4%
Inflación 6,8% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 7.512.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 78,6%, industria 5,7%, servizos 15,7% (2008)
Desemprego 35% (2008)
Industrias pequena produción de ladrillos, téxtiles, xabón, móbiles, calzados, fertilizantes, cemento, alfombras feitas a man, gas natural, petróleo, carbón, cobre
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 376 millóns (2012)
Produtos de exportación opio, froitas e sementes, alfombras feitas a man, la, algodón, peles, xemas preciosas e semipreciosas
Principais mercados Paquistán 32,2%, India 27%, Taxiquistán 8,5%, Estados Unidos 6,2% (2012)
Importacións 6,39 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e outros bens de capital, alimentos, téxtiles, derivados de petróleo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1,28 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Ministerio das Finanzas de Afganistán.

Case a metade da poboación sofre coa falta de vivendas, de auga potable, electricidade e emprego. O goberno do país e os organismos de axuda internacional procuraron nos últimos anos atender estas necesidades básicas con investimentos en infraestrutura, educación, construción de casas, programas de emprego, asistencia médica, e reformas económicas.

Agricultura editar

A economía do Afganistán continúa dependente da agricultura a pesar de apenas 12% de seu territorio ser arable, e menos de 6% ser cultivado. A produción é pouca pola dependencia de caídas de neve e chuvias irregulares, e a irrigación é pouca. Hai pouco uso de máquinas agrícolas, pesticidas e fertilizantes químicos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. Afghanistan receives $3.3b remittances from expats – Pajhwok Afghan News