Abrir o menú principal
Aplicacións de ebonita en obxectos do século XIX.

A ebonita[1] é unha resina sintética de natureza plástica, como o PVC, o polietileno e o PET, rica en xofre (aproximadamente o 20 ou o 30% da súa composición)[2] e aceite de liñaza.[3][4] Foi inventada a partir da contribución concomitante, porén en separado, de científicos estadounidenses e británicos durante a década de 1830, tendo sido Charles Goodyear o primeiro en sintetizala do xeito como a coñecemos hoxe, a través da aplicación do processo de vulcanización de caucho natural.[2] En 1851, el usou óxido de zinc como recheo.[5] Hoxe obtense a partir de varios cauchos sintéticos.[2] É coñecida popularmente como "caucho duro" e foi chamada polo nome de "vulcanita", durante o século XIX, por causa do seu proceso de fabricación. Como proposta da utilización deste materialen troques do ébano gañou o nome que ten hoxe e o termo vulcanita pasou a ser empregado para o mineral.[2]

É utilizada na industria para unha gran variedade de produtos que requiren durabilidade como birlos, o caucho presente nos coches, palletas para instrumentos de vento, peites, plumas estilográficas, tubaxes, botóns, xoiaría e como illamento eléctrico.[2]

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ebonita.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 SANTIAGO, Emerson. Ebonite. Publicado en InfoEscola, o 5 de abril de 2012. Páxina visitada o 24 de setembro de 2012.
  3. Hartgummi (Ebonite) (en alemán)
  4. eboDUST Ebonite/Hard-rubber dust
  5. Seymour, Raymond Benedict; Deaning, Rudolph D. (1987). History of Polymeric Composites. VSP. p. 374.