Eastmain (cree: ᐄᔅᒣᐃᓐ/Îsmein) é unha entidade cree situada no bordo oriental da baía de James, no territorio equivalente Eeyou Istchee no norte do Quebec e que constitúe unha das comunidades asociadas ao Gran Consello dos Crees. Como a maioría das entidades autóctonas do Quebec, Eastmain, componse dun territorio reservado cree de categoría IA, onde se atopa a contorna urbanizada onde viven os membros da nación cree de Eastmain (cree: ᐙᐸᓅᑖᐤ/Wâpanûtâw) e que é de xurisdición federal, e mais dun municipio vilego cree de categoría IB, deshabitado e de xurisdición provincial [1]. Administrativamente, dentro do Quebec, intégrase na rexión do Nord-du-Québec.

Modelo:Xeografía políticaEastmain

Localización
Mapa
 52°12′N 78°30′O / 52.2, -78.5Coordenadas: 52°12′N 78°30′O / 52.2, -78.5
EstadoCanadá
ProvinciaQuebec
Região Administrativa (pt) TraducirNord-du-Québec (pt) Traducir
Equivalent territory (en) TraducirEeyou Istchee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación924 (2021) Editar o valor em Wikidata (5,83 hab./km²)
Xeografía
Superficie15.841 ha Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Toponimia editar

A entidade sitúase na foz[2] do río Eastmain do que colle o nome [3]. En cree adaptouse ao primeiro como Easman [4] pero o seu uso non callou e as autoridades crees pasaron a adoptar Îsmein como o topónimo cree. A forma Wâpanûtâw, que significa "as terras ao leste da baía de James", utilízase en cree para se referir á nación cree de Eastmain.

Xeografía editar

A terra reservada cree de Eastmain ha de se distinguir do territorio da municipipalidade vilega cree homónima e está constituída por unha franxa de terra que segue a beira sur do río Eastmain a unha distancia duns 42 quilómetros dende a costa da baía de James. A súa largura é duns 3,6 a 5,4 quilómetros a partir da ribeira do río. Inclúe o núcleo urbanizado de Eastmain, que está situado no recanto noroeste da terra reservada, na foz do río Eastmain.

En canto á municipalidade vilega cree de Eastmain, limita co territorio da terra reservada cree en todo o seu límite sur, así como no terzo occidental do seu límite norte, ao outro lado do río Eastmain. En canto aos outros dous terzos do seu límite norte e ao límite oriental, a terra reservada cree limita cun territorio non organizado, unha rexión que non forma parte de municipalidade local ningunha aínda que si fai parte dunha municipalidade rexional de condado, ao que as autoridades competentes aínda non lle asignaron un topónimo.

Historia editar

Na rexión, entre os ríos Eastmain e Rupert, habitaba un grupo cree coñecido nas fontes europeas como pitchbourenik[5] e moitas outras vilas costeiras da baía de James e da baía de Hudson, a localidade de Eastmain xurdiu dun posto de comercio de peles da Compañía da Baía de Hudson denominado, na época , "Eastmain House" que xurdiu a finais do século XVII, ao abeiro dun navío, e que podía contar con ata oito europeos, británicos, que permanecían temporalmente, ao abandonaren o lugar no verán, e que non contou con construcións permanentes ata 1719 e non foi ata 1770 cando empezou a contar con poboación residente permanente, coa esperanza que se algún comerciante vivía no verán alí os crees acudirían con maior regularidade ao posto, e a finais dese século os comerciantes británicos eran 12 e deles eran 8 os que permanecían no verán cando o navío levantaba áncoras[5]. O pobo cree comezou a se asentar cada volta máis tempo na comunidade de Eastmain arredor de 1760, así e todo, non foi ata 1962 que o territorio se transformou en terra reservada cree[6].

Demografía editar

En termos de poboación, Eastmain é a comunidade autóctona máis pequena das situadas na costa da baía de James. Os habitantes son principalmente membros da Nación Cree de Eastmain.

Serie de poboación histórica de Eastmain
Ano20012006201120162021
Poboación613650767866924

Linguas editar

Segundo o censo de 2016[7] o cree é a lingua materna de 745 habitantes da localidade e a segunda lingua é o inglés con 95 falantes e o francés a terceira con 10. Ademais outras 10 persoas afirman que a súa lingua materna é o inglés e unha lingua non oficial. Por coñecemento das dúas linguas oficiais 690 persoas afirman que falan inglés como primeira lingua oficial, un total de 120 falan inglés e francés, 10 só francés e hai 45 persoas que non falan ningunha das dúas linguas oficiais. Son un total de 815 persoas os que afirman que poden falar cree. A maioría da poboación identifícase como indios norteamericanos, con só 35 non nativos. Malia seren 55 persoas as que declaran que teñen algún devanceiro inuit non hai falantes de ningunha lingua inuit.

Relixión editar

Os cree da rexión convertéronse ao cristianismo a partir de mediados do século XX pero manteñen prácticas da súa relixión tradicional[8]. En Eastmain estableceuse unha misión anglicana e nas primeiras décadas do século XX a totalidade dos cree da localidade eran de confesión anglicana [9]. A igrexa de San Marcos, construída en 1970-1971[10], é a igrexa parroquial anglicana de Eastmain e dependende da diocese de Moosonee da Igrexa Anglicana do Canadá que agrupa os anglicanos locais. A reverenda ao cargo é Agnes Flam, membro de Threshold Ministries[11].

En 1938 os oblatas estableceron unha misión católica que contaba cunha pequena capela que se edificou en 1940[12] e en 1941 un misioneiro residente localizábase en Eastmain pero á súa marcha en 1944 quedou atendida polo padre Louis-Philippe Vaillancourt, autor tamén dun dicionario francés-cree, mais aveciñado fóra da localidade e a misión acabou por esmorecer e no século XXI os poucos católicos locais, 30 persoas segundo o censo de 2001[13], non contan con lugar de culto.

Educación editar

O Consello Escolar Cree é responsable de proporcionar os servizos de educación pública no territorio de Eastmain e, xa que logo, exerce esas competencias por medio da escola Wabannutao Eeyou (ᐧᐋᐸᓅᑖᐤ ᐄᔨᔫ ᒋᔅᑯᑕᒫᒉᐅᑲᒥᒄ) que contaba en febreiro de 2020 con 257 alumnos [14].

Transporte editar

Unha estrada de grava de 103 km comunica Eastmain coa estrada da baía de James, á que se une no punto quilométrico 351 e que permite a comunicación con outras comunidades crees. A 1,9 quilómetros da localidade está o aeroporto de Eastmain River no que opera a compañía Air Creebec.

Política editar

Notas editar

  1. Répertoire des municipalités : Terre réservée cri (1-A) d'Eastmain (Hors MRC (autochtones)) Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine. sur le site des Affaires municipales, régions et occupation du territoire Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  2. Répertoire des municipalités : Village cri (Terre 1-B) d'Eastmain (Hors MRC (autochtones)) Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine. sur le site des Affaires municipales, régions et occupation du territoire Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  3. Toponymie : Eastmain
  4. Commission de toponymie (1994). Noms et lieux du Québec. p. 198. 
  5. 5,0 5,1 Francis, Daniel e Morantz, Toby Elaine (1983). Partners in Furs. A History of the Fur Trade in Eastern James Bay, 1600-1870. McGill-Queen's University Press. p. 12-80. 
  6. "Our History". Cree Nation of Eastmain. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2021. Consultado o 09 de marzo de 2022. 
  7. "Census Profile, 2016 Census: Eastmain, Terres réservées aux Cris [Census subdivision], Quebec and Ontario [Province]". Statistics Canada. 
  8. Berkes, Frikets (1986). "Chisasibi Cree Hunters as Missionaries: Humour as Evidence of Tension". En Cowan, William. Actes du Dix-Septième Congrès des Algonquinistes. pp. 15–26. 
  9. Weetaltuk, Eddy (2017). From the Tundra to the Trenches. University of Manitoba Press. 
  10. "Église Saint Mark". Inventaire des lieux de culte du Québec. 
  11. "St. Mark’s Eastmain". moosoneeanglican.ca. 
  12. Morantz, Toby (2017). Attention ! L'homme blanc va venir te chercher. Presses de l'Université Laval. p. 184-185. 
  13. "2001 Community Profiles. Waswanipi". Stadistique Canada. 
  14. "Wabannutao Eeyou School". eeyoueducation.ca. 
  15. "Administration Eastmain". canada.ca.