O EHC Biel (abreviatura de Eishockey Club Biel) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade bilingüe de Biel/Bienne, Suíza. Actualmente compite na National League A (NLA), a máxima categoría do hóckey sobre xeo helvético. Xoga os seus encontros como local no Eisstadion Biel, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.

EHC Biel
Fundación1939
Cidade Biel/Bienne,
Cantón de Berna
Suíza Suíza
EstadioEisstadion Biel
(7.000 espectadores)
LigaNational League A
Campionatos3 (1978, 1981 e 1983)
DirectorSuíza Daniel Villard
AdestradorSuíza Kevin Schläpfer
CoresAzul, amarelo e vermello
                 
Na rede
http://www.ehcb.ch/

Mantén unha fote rivalidade con SCL Tigers, SC Bern, EHC Olten, e HC Ajoie. Os partidos ante estes equipos adoitan atraer unha gran cantidade de espectadores.

Historia editar

O EHC Biel foi fundado en 1939 por Heinrich Plüss. Non foi ata 1961 cando ascendeu á segunda categoría do hóckey sobre xeo suízo, a National League B (NLB), categoría da que se proclamaría subcampión tres anos despois tras perder fronte ao Genève-Servette na final. Porén, en 1967, o equipo descendía á terceira categoría, aínda que volvería á división de prata un ano despois. En 1975, logo da vitoria fronte ao EHC Visp por 7 goles a 3 ante 7.000 espectadores, o EHC Biel proclamouse por primeira vez campión da LNB, e conseguiu o ascenso á máxima categoría, a LNA, por primeira vez na súa historia.

Na súa primeira tempada na máxima categoría, o club conseguiu o subcampionato logo de perder o partido decisivo fronte ao Langnau por 6-3. En 1978 proclamouse por primeira vez campión suízo tras derrotar a Kloten (4-1), e ao ano seguinte conseguiu un novo subcampionato 5 puntos por detrás do SC Bern. O segundo título chegou en 1981, rematando a liga con sete puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o EHC Arosa, e dous anos despois chegou o que sería o derradeiro título ata o momento do equipo, cando finalizou a fase final con seis puntos de vantaxe sobre o HC Fribourg-Gottéron.

A pesar destes éxitos, na tempada 1993-94 o equipo finalizou na 10ª posición, véndose obrigado a disputar o play-out fronte ao EHC Olten, conseguindo a permanencia. Porén na seguinte tempada o equipo descendeu á NLB tras perder as series de promoción fronte ao Rapperswil-Jona Lakers.

Finalmente, en 2008 e tras 13 tempadas na segunda categoría, o EHC Biel retornaba á máxima categoría tras impoñerse a Hockey Club La Chaux-de-Fonds o 26 de marzo. Dende o seu regreso á máxima categoría, o Biel ten conseguido a permanencia na NLA, sendo a súa mellor clasificación o 8º posto das tempadas 2011-12 e 2012-13, que lle deron a posibilidade de xogar os play-offs polo título, caendo nas dúas ocasións nos cuartos de final.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar