Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez

(Redirección desde «EB Pau-Orthez»)

O Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez, popularmente coñecido como Pau-Orthez, é un equipo de baloncesto profesional con sede na cidade de Pau, Pireneos Atlánticos (Francia). Actualmente compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés. Disputa os seus partidos como local no Palais des Sports de Pau, un pavillón con capacidade para 7 707 espectadores. O Pau-Orthez é un dos clubs franceses máis laureados da historia.

Pau-Orthez
Información xeral
Liga Pro A
Alcume Pau-Orthez
Fundación 1908
Historia ÉB Orthez (1931-1989)
ÉB Pau-Orthez (1989-2008)
Cores           Branco, verde
Presidente Francia David Bonnemason-Carrère
Adestrador Francia Éric Bartecheky
Localización
Cidade Francia Pau, Francia
Pavillón Palais des Sports de Pau
Capacidade 7 707
Inauguración 1991
Campionatos
Copa Korać 1 (1984)
Liga 9 (1986, 1987, 1992, 1996, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004)
Copa 3 (2002, 2003, 2007)
Supercopa 1 (2007)
elan-bearnais.fr

Historia

editar

O Élan Béarnais foi fundado en 1931 na localidade de Orthez. Antes desa data, o club de baloncesto eran tan só unha sección dun club polideportivo fundado en Orthez en 1908. Non era un club no sentido moderno, senón unha asociación creada por clérigos para animar aos rapaces a practicar deporte. O club chegou ao máximo nivel do baloncesto profesional francés durante a tempada 1972−73. O club descendeu inmediatamente á segunda división, aínda que a situacón duraría duraría poucos anos, regresando en 1976. Na seguinte temporada o club chega a debutar en Europa, ao clasificarse en 1977 para xogar a Copa Korać. O seu ascenso continuou ao gañar esta última competición en 1984, onde venceron ao KK Crvena zvezda de Belgrado na final. Este foi o primeiro de moitos títulos conseguidos polo club ao longo das seguintes dúas décadas.

Os seguintes grandes títulos conseguidos polo club foron os seus primeiros títulos de liga, conseguidos de forma consecutiva en 1986 e 1987. Isto valeulles a entrada para xogar na Euroliga. A pesar da súa condición de novatos, o Pau-Orthez está a piques de chegar á final, acabando finalmente no terceiro posto da competición tan só por detrás dos campións, o Olimpia Milano e Maccabi Tel Aviv. De feito, o club acabaría a competición invicto como local, onde venceron a clubs como o Žalgiris Kaunas, o Real Madrid ou os Maccabi e Milano. Desde aquela, o Élan Béarnais participou en competicións continentais de forma consecutiva até 2008, polo cal teñen o récord europeo cunha serie de 31 anos (1977–2008).

Sendo o club dunha pequena vila de 12.000 habitantes ao pé dos Pireneos, o feito de se converter nunha potencia do baloncesto europeo obrigou ao club a trasladarse a unha cidade máis grande. En 1989 o club muda o seu nome a Élan Béarnais Pau-Orthez, e 1991, tras a construción do Palais des Sports, trasládase a Pau. Este movemento foi posíbel principalmente grazas aos esforzos de dous hombres: Pierre Seillant, cargo electo de Orthez e presidente durante moitos anos do club, e André Labarrère, o daquela alcalde de Pau. Os dous homes estaban onfrontados no ámbito político, mais grazas á súa colaboración foi construído o Palais, que aínda hoxe o pavillón exclusivamente adicado ao baloncesto máis grande do país, e evitouse que o club abandonase a rexión de Béarn.

Co traslado completo, o club continuou a consolidar o seu status como forza dominante do baloncesto francés, gañando sete campionatos de liga nos seguintes trece anos. Actualmente, o club posúe un total nove títulos de liga, o que fai do Élan Béarnais o terceiro equipo do baloncesto profesional masculino francés con máis títulos de liga, tan só detrás do ASVEL Lyon-Villeurbanne e do Limoges CSP. O dous últimos destes nove trofeos chagan de forma consecutiva en 2003 e 2004, data que marca o fin da era dourada do club. A temporada 2003 é lembrada como unha das máis espectaculares do club, onde grazas ás habilidades de dous talentos da canteira, Boris Diaw e Mickaël Pietrus, gañan os tres títulos máis importantes do país: a Liga, a Copa e a Supercopa. A destacábel campaña de Diaw fíxolle merecedor do premio MVP da Liga para xogadores franceses. Ademais, despois da temporada, tanto Pietrus como el foron seleccionados na primeira rolda do Draft da NBA de 2003.

Posteriotrmente, debido á marcha dos seus xogadores, a inestabilidade no posto de adestrador, así como problemas económicos, os éxitos do equipo estancáronse. De feito, en 2009 o club chega a descender de categoría tras finalizar no último posto da liga. A súa estadía na Segunda División, é aproveitada para reestruturar o club e fortalecelo, volvendo á Pro A en 2010. Un ano antes do descenso, en 2008, con Didier Gadou e Claude Bergeaud á cabeza, o club leva a cabo a súa terceira mudanza de nome, converténdose no Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez. A entrada do nome da cidade de Lacq, situada cerca de Pau, serviu para reforzar a identidade rexional do club.

Palmarés

editar

Competicións europeas

editar

Competicións domésticas

editar
  • Liga de Francia
    • Campións (9): 1986, 1987, 1992, 1996, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004
    • Subcampións (4): 1989, 1993, 1995, 2002
  • Copa de Francia
    • Campións (3): 2002, 2003, 2007
    • Subcampións (2): 2001, 2004
  • Leaders Cup
    • Campións (4): 1991, 1992, 1993, 2003
  • Supercopa de Francia
    • Campións (1): 2007
  • Segunda División de Francia
    • Campións (2): 1975, 2010
    • Subcampións (1): 2013

Xogadores emblemáticos

editar
 
Boris Diaw

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar