Dwayne Johnson
Dwayne Johnson, nado o 2 de maio de 1972 en Hayward (California), é un loitador profesional retirado e actor estadounidense.
Dwayne Johnson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Dwayne Douglas Johnson |
Alcume/outros | Flex Kavana, Rocky Maivia e The Rock |
Nacemento | 2 de maio de 1972 |
Lugar | Hayward |
Nacionalidade | Canadá e Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano, samoano-americano e estadounidense multiétnico |
Relixión | cristianismo |
Educado en | Universidade de Miami, President William McKinley High School, Freedom High School e McGavock Comprehensive High School |
Pai | Rocky Johnson |
Nai | Ata Johnson |
Cónxuxe(s) | Dany Garcia e Lauren Hashian |
Fillos | Simone Johnson |
Profesión | loitador profesional, actor de cinema, produtor de cinema, produtor delegado, xogador de fútbol americano, actor de televisión, actor de dobraxe, empresario, xogador de fútbol canadense e actor |
Na rede | |
https://www.facebook.com/DwayneJohnson?fref=ts | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Johnson xogou ó fútbol americano universitario e en 1991 formou parte do equipo que se proclamou campión da liga universitaria nos Estados Unidos, os Miami Hurricanes. Posteriormente xogou cos Calgary Stampeders na Canadian Football League mais abandonouna ós dous meses para pasar á loita profesional, deporte que xa practicaran seu avó, Peter Maivia, seu pai Rocky Johnson e que tamén practicaban os seus curmáns, Solofa Fatu e Eddie Fatu.
Conseguiu fama na World Wrestling Entertainment (WWE, daquela chamada World Wrestling Federation, WWF) entre 1996 e 2004 como un dos membros do equipo Nation of Domination. Alí empregaba os sobrenomes de Rocky Maivia primeiro e The Rock (A Rocha) despois. En 1998 gañou o Campionato da WWF, e converteuse nun dos loitadores máis populares. Apañou sete veces o campionato da WCF/E, dúas o Campionato Intercontinental da WWF, cinco o Campionato por equipos da WWF e dúas o World Championship Wrestling, tamén gañou o Royal Rumble de 2000.
Desde o 2001, tras aparecer en The Mummy Returns, centrou a súa carreira no cinema, con aparicións ocasionais na WWE. O seu primeiro papel protagonista foi en The Scorpion King e apareceu en filmes como The Rundown, Be Cool, Walking Tall, Gridiron Gang, The Game Plan, Get Smart e Race to Witch Mountain.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dwayne Johnson |