Dunkleosteus

xénero de peixes fósiles

Dunkleosteus
Rango fósil: 380 Ma - 360 Ma
Dunkleosteus (15677042802).jpg
Cranio reconstruído, no Museo de Historia Natural de Viena.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Clase: Placodermi
Orde: Arthrodira
Suborde: Brachythoraci
Infraorde: Coccosteina
Superfamilia: Dinichthyloidea
Familia: Dunkleosteidae
Xénero: Dunkleosteus
Lehman, 1956
Especie tipo
Dinichthys terrelli
Newberry, 1873
Especies

D. terrelli (Newberry, 1873) (orixinalmente Dinichthys)
D. ? belgicus (Newberry, 1873)
D. denisoni (Kulczycki, 1957)
D. marsaisi Lehmann, 1956
D. magnificus (Hussakof & Bryant, 1919)
D. missouriensis (Branson, 1914)
D. newberryi (Clarke, 1885)
D. amblyodoratus Carr & Hlavin, 2010
D. raveri Carr & Hlavin, 2010
D. sp.[1]

Sinonimia

Ponerichthys Miller, 1892

Dunkleosteus (do alemán: Dunkle «escuro» e do grego antigo: osteos «óso») é un xénero de peixes placodermos artródiros[2] que existiron a finais do período devoniano, dende hai preto de 380 até 360 millóns de anos, no Frasniense e Fameniense. Foron descritas algunhas especies e atopáronse numerosos fósiles en Norteamérica, Polonia, Bélxica e Marrocos.

Como outros diníctidos, os Dunkleosteus caracterizábase por ter unha cabeza acoirazada provista de mandíbulas con coitelas dentais pouco usuais. Aínda que outros placodermos rivalizaban con el en tamaño, Dunkleosteus é considerado un dos depredadores mariños máis feros e mortais que existiron. Con até seis metros de longo e unha tonelada de peso, este cazador estivo no cumio da cadea alimentaria do seu ambiente, e probablemente depredaba toda clase de fauna.

Novos estudos revelaron varios trazos tanto na súa alimentación e biomecánica como na súa ecoloxía e fisioloxía. Nas últimas décadas, Dunkleosteus logrou ser recoñecido na cultura popular, cunha gran cantidade de especímenes en exposición, e notables aparicións en medios de entretemento.

NotasEditar

  1. The Virtual Fossil Museum. 2002. Dunkleosteus sp. Placodermi.
  2. epkoski, J. J. S.: 2002. «A compendium of fossil marine animal genera.» Bulletins of American Paleontology 363:1-560.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Anderson, Philip S. L. (2008). "Shape Variation Between Arthrodire Morphotypes Indicates Possible Feeding Niches". Journal of Vertebrate Paleontology 28 (4): 961–969. doi:10.1671/0272-4634-28.4.961.