Artródiros
(Arthrodira)

Rango fósil: silúrico superior (?) - Devoniano superior

Reconstrución de Dunkleosteus terrelli
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Clase: Placodermi
Orde: Arthrodira
Woodward, 1898
Subordes e infraordes
  • Ver texto

Os artródiros (Arthrodira) son unha orde de peixes acoirazados pertencente á clase dos placodermos, que predominou no período devoniano e se extinguiu a finais deste, sobrevivindo ao redor de 50 millóns de anos e habitando en moitos nichos ecolóxicos mariños.

Etimoloxía editar

O termo do latín científico Arthrodira componse dos elementos arthro-, derivado do grego antigo ἄρθρον árthron, 'articulación', 'xoga', e -dira, tirado do grego δειρή deiré, 'pescozo', coa terminación en -a para indicar substantivo neutro plural. O significado é, pois, os de pescozo articulado.

A pronuncia do ditongo -ει- é /i/, polo que se transcribe en latín como -i- (breve). Por iso, segundo as normas da prosodia latina, o acento tónico recae na vogal da sílaba anterior, neste caso no "o" de arthro-, polo que resulta unha voz proparoxítona (esdrúxula), sendo por tanto a súa pronuncia en galego artródiros.

Características editar

 
Reconstrucíón dunha especie de Dunkleosteus.
 
Reconstrución de Rolfosteus canningensis.

Os artródiros tiñan unha armadura que rodeaba o corpo, incliuíndo a cabeza. A boca podía ter unha grande apertura. Carecían de dentes diferenciados; como todos os placodermos utilizaban os bordos dunhas placas óseas afiadas para cortaren as súas presas.

As concas oculares estaban protexidas por un annel óseo, unha característica compartida polas aves e algúns ictiosauros.

Artródiros primitivos, tales como os do xénero Arctolepis, eran peixes de estrutrura aplanada.

O maior membro do grupo, Dunkleosteus, foi un verdadeiro superdepredador do período devoniano, alcanzando entre 6 e 9 m de lonxitude. En contraste, o Rolfosteus, de longo nariz, medía só uns 15 cm.

Hai unha idea falsa común de que os artródiros (xunto con todos os outros placodermos) eran lentos habitantes dos fondos mariños que foron excluídos por peixes máis avanzados. Porén, durante o seu apoxeo, os artródiros foron unha das ordes de peixes máis diversos e numéricamente exitosos.

Pero a pesar do seu éxito, os artródiros foron un dos moitos grupos eliminados polas catástrofes ambientais da extinción do Devoniano superior, o que permitiu que outros peixes, como os tiburóns, se diversificaran nos nichos ecolóxicos vacantes durante o período carbonífero.

Clasificación sistemática editar

Orde Arthrodira editar

 
Fósil de Eastmanosteus calliaspis.
 
Coccosteus.
 
Reconstrución de Heterosteus ingens, do Devoniano medio de Estonia.
 
Reconstrución de Yiminaspis shenme.

Xéneros incertae sedis editar

Filoxenia editar

O seguinte cladograma está baseado en Dupret et al. (2009).[1] Para fontes, véxase Haaramo (2005).[2]

Ichthyosauria

Lunaspis broilii

Eurycaraspis incilis

Arthrodira

Yujiangolepis liujingensis

Antarctaspis mcmurdoensis

Wuttagoonaspidae

Yiminaspis shenme

Wuttagoonaspis fletcheri

Aethaspis major

Aethaspis utahensis

Lehmanosteus hyperboreus

Aleosteus eganensis

Simblaspis cachensis

Kujdanowiaspis buczacziensis

Kujdanowiaspis podolica

Erikaspis zychi

Sigaspis lepidophora

Eskimaspis heintzi

Baringaspis dineleyi

Proaethaspis ohioensis

Anarthraspis chamberlini

Heightingtonaspis anglica

Phyllolepida

Gavinaspis convergens

Phyllolepis orvini

Austrophyllolepis sp.

Cowralepis mclachlani

Placolepis budawangensis

Actinolepidae

Bollandaspis woschmidti

Actinolepis spinosa

Actinolepis magna

Actinolepis tuberculata

Bryantolepis brachycephalus

Phlyctaenioidei
Phlyctaeniidae

Phlyctaenius acadicus

Pageauaspis russelli

Groenlandaspidae

Groenlandaspis antarctica

Tiaraspis subilis

Arctaspidae

Dicksonosteus arcticus

Arctolepidae

Arctolepis decipiens

Heintzosteus brevis

Brachythoraci

Antineosteus lehmani

Buchanosteus confertituberculatus

Coccosteus cuspidatus

Notas editar

  1. Véxase Dupret, V. et al. (2009).
  2. Véxase Haaramo, M. (2005).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Haaramo, Mikko (2005): Mikko's Phylogeny Archive: †Arthrodira. Versión de 2005-NOV-15. †Arthrodira Consultada o 24/10/2012.
  • Dupret, V.; Zhu, M. I. N.; Wang, J. N. Q. (2009): "The morphology ofYujiangolepis liujingensis(Placodermi, Arthrodira) from the Pragian of Guangxi (south China) and its phylogenetic significance". Zoological Journal of the Linnean Society 157: 70. [1] Consultada o 24/10/2012.
  • Long, John A. (1996): The Rise of Fishes: 500 Million Years of Evolution. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5438-5
  • Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera" (Placodermi entry). Bulletins of American Paleontology 364: 560.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar