Abrir o menú principal

Dunkirk (filme de 2017)

filme de 2017 dirixido por Christopher Nolan

Dunkirk é un filme bélico de 2017 escrito, producido e dirixido por Christopher Nolan. Conta a historia da evacuación de Dunkerque durante a segunda guerra mundial. Está protagonizado por Fionn Whitehead, Tom Glynn-Carney, Jack Lowden, Harry Styles, Aneurin Barnard, James D'Arcy, Barry Keoghan, Kenneth Branagh, Cillian Murphy, Mark Rylance e Tom Hardy. É unha coprodución entre o Reino Unido, os Estados Unidos, Francia e os Países Baixos, e foi distribuído por Warner Bros.

Dunkirk
Dunkirk Logo.png
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalDunkirk
DirectorChristopher Nolan
ProdutorEmma Thomas
Christopher Nolan
GuiónChristopher Nolan
Intérpretes
MúsicaHans Zimmer
FotografíaHoyte van Hoytema
MontaxeLee Smith
EstudioSyncopy Inc.
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaOdeon Leicester Square: 13 de xullo de 2017
Francia 19 de xullo de 2017
Flag of the Netherlands.svg 20 de xullo de 2017
Flag of the United Kingdom.svg/Flag of the United States.svg 21 de xullo de 2017
Duración106 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of France.svg Francia
Países Baixos Países Baixos
XéneroAcción
Orzamento$100 000 000
Recadación$525 600 000

Dunkirk representa a evacuación dende tres perspectivas: terra, mar e ar. Ten pouco diálogo, xa que Nolan buscaba xerar suspense a través da fotografía e da música. A rodaxe comezou en maio de 2016 en Dunkerque e rematou en setembro dese ano nos Ánxeles, cando comezou a posprodución. O fotógrafo Hoyte van Hoytema rodou o filme en IMAX 65 mm e 65 mm de gran formato. Dunkirk ten moitos efectos especiais manuais, e empregou centos de extras así como barcos históricos da evacuación e avións da época.

Estreouse o 13 de xullo de 2017 en Odeon Leicester Square de Londres, e foi estreado no Reino Unido e nos Estados Unidos o 21 de xullo en formatos IMAX, 70 mm, e 35 mm. É o filme sobre a segunda guerra mundial con maior recadación da historia, conseguindo $525 millóns en todo o mundo. Dunkirk recibiu aclamacións polo seu guión, dirección, banda sonora e fotografía, e algúns críticos considérano o mellor traballo de Nolan.

Recibiu oito nomeamentos ós Premios da Crítica Cinematográfica, gañando o de mellor montaxe, oito ós BAFTA, gañando o de mellor son, e tres ós Globos de Ouro. Na 90ª edición dos Oscar, recibiu oito nomeamentos, incluíndo mellor filme e mellor director (sendo o primeiro nomeamento de Nolan nesta categoría). Finalmente gañou os premios de mellor edición de son, mellor son e mellor montaxe.

Índice

PersonaxesEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Levine, Joshua (27 de xuño de 2017). HarperCollins, ed. Dunkirk: The History Behind the Major Motion Picture. ISBN 978-0062740304. 
  • Mottram, James (18 de xullo de 2017). Insight Editions, ed. The Making of Dunkirk. ISBN 978-1683831075. 
  • Nolan, Christopher (8 de agosto de 2017). Faber & Faber, ed. Dunkirk. ISBN 978-0571336258. 

Ligazóns externasEditar