Duduh Durahman. tamén coñecido como Abah Duduh, nado en Ciwidey o 26 de maio de 1939 e finado o 1 de outubro de 2008[1], foi un xornalista, crítico literario e cinematográfico, escritor e actor de teatro indonesio de lingua sundanesa.

Infotaula de personaDuduh Durahman
Biografía
Nacemento26 de maio de 1939 Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua indonesia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De profesión profesor, escribiu ensaios sobre a literatura sundanesa: Petingan (1983), Catetan Prosa Sunda (1984), Salumar Sastra (1989), Sastra Sunda Saulas Sausap(1991). Publicou con Mustappa Abdullah e Karno Kartadibrata a antoloxía de relatos previamente publicados na revista literaria Mangle, da que era viceditor,[2] Sawidak Carita Pondok(1983) e con Tatang Sumarsono editou as antoloxías Kanagan 1 e Kanagan 2, recompilou a antoloxía de detectivies Ajalna Sang Béntang Pilem. Traduciu Boule de Suif de Guy de Maupassant ao sundanés co título de Si Démplon.

Como actor participou en diversas obras de teatro, como "Khotbah Munggaran di Pajajaran" de Yus Rusyana e foi Goak Nitipraja en "Karto Loewak". Durahman estivo entre os fundadores de Pendiri Forum Film Bandung (FFB) e nas décadas de 1980 e 1990 escribiu en varios xornais críticas cinematográficas.

Notas editar

  1. Sastrawan Duduh Durahman Meninggal Arquivado 21/09/2016, en Wayback Machine., Pikiran Rakyat, 2 de outubro de 2008
  2. Korrie Layun Rampan (2000) Leksikon susastra Indonesia, PT Balai Pustaka, p. 138