Dubra
nome feminino
Dubra[1][2] é un nome propio feminino galego. De orixe celta galaica, é un hidrónimo do río Dubra, afluente do río Tambre. Está relacionado co irlandés antigo dobur, co galés dwfr, co córnico dur, ou co bretón dour, que en todos os casos significa auga.[2] A súa forma protocelta é dubron, dubrā.[2]
En xaneiro de 2023 existían 15 mulleres en Galicia co nome Dubra, cunha media de idade de 13,4 anos.[3]
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Dubra na Web do Intituto Galego de Estatística
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Celtas |