Druid Theatre Company


Druid Theatre Company, coñecida simplemente como Druid, é unha compañía de teatro irlandesa, con sede en Galway.

Druid Theatre Company
Tipoempresa de teatro
Localización
SedeGalway
EnderezoFlood Street, Galway, Co. Galway, Ireland
EnGalway
PaísIrlanda
Na rede
https://www.druid.ie/
editar datos en Wikidata ]

Ademais de realizar xiras decote por Irlanda, as producións da compañía foron representadas internacionalmente na Australia, Canadá, Nova Zelanda, Reino Unido e Estados Unidos. Druid foi "pioneira" no desenvolvemento do teatro irlandés e atribúeselle (xunto con Macnas e o Galway Festival de Artes) con facer de Galway un dos principais centros culturais de Irlanda.[1]

Historia editar

A compañía fundárona en 1975 Garry Hynes, Marie Mullen e Mick Lally, quen se coñeceron e traballaron xuntos por primeira vez como membros da sociedade dramática da University College Galway, coñecida comunmente como NUIG Dramasoc. Foi a primeira compañía irlandesa de teatro profesional estabelecida fóra de Dublín.[2]

Desde 1979, Druid posúe un edificio de teatro no centro da cidade de Galway. Un antigo almacén de té que fora orixinalmente propiedade dos McDonagh, unha das familias ricas de comerciantes de Galway. A finais da década de 1970, a compañía negociou cos propietarios un aluguer simbólico, o que permitiu á compañía renovar e instalar o seu local propio teatro e lugar de ensaio, que foi posteriormente doada a Druid pola familia McDonagh. No 2011, tras a reforma, o que orixinalmente era coñecido como Druid Theatre pasou a chamarse The Mick Lally Theatre en memoria do cofundador de Druid, o falecido Mick Lally. O teatro úsase como espazo de traballo da compañía e tamén se consolidou como recurso cultural para a promoción e o desenvolvemento das artes en Galway. [[Cómpre referencia][] A rúa onde está o teatro pasou por varios nomes, incluíndo Red Earls' Lane, Chapel Lane, Courthouse Lane, e dende 1996, Druid Lane, cando foi rebautizado polo concello de Galway en conmemoración do 21 aniversario da compañía .[3]

No 1996, Druid estreou a obra de debut de Martin McDonagh, A Raíña de Beleza de Leenane, en co-produción co Royal Court Theatre, Londres. Despois da presentación en Galway, a produción foi representada por toda Irlanda, en Londres, Sydney, e Newa York City. Durante a súa presentación en Broadway, o espectáculo gañou catro Tony Awards, incluíndo Mellor Dirección para Garry Hynes—a primeira muller en gañar un premio de Dirección na historia destes premios. No 2005, a compañía presentou DruidSynge, unha produción das seis pezas de John Millington Synge como acontecemento teatral de todo un día completo, no Galway Arts Festival sendo aclamada pola crítica. Anos máis tarde, Druid recupera unha triloxía de Tom Murphy (Conversations on a Homecoming, A Whistle in the Dark and Famine) titulada DruidMurphy; esta produción gañou varios Premios de Teatro irlandés do Irish Times no 2014. Druid continuou representando producións de gran formato no 2015 con DruidShakespeare—Richard II de William Shakespeare , Henry IV, Part 1, Henry IV, Part 2 e Henry V nunha adaptación feita por Mark O'Rowe— que xirou por Irlanda, o Reino Unido, prestixioso Lincoln Center Festival.

No 2013, a Druid tivo un grupo de traballos estable para traballar ao lado da directora artístico Garry Hynes para, alén da programación da compañía, "investigar novas posibilidades creativas." Este grupo está composto por Marie Mullen, Marty Rea, Rory Nolan, Aaron Monaghan, Aisling O ullivan, Garrett Lombard e Derbhle Crotty.[4] [compre referencia]

Espectáculos destacados editar