Dragóns na mitoloxía grega

Os dragóns (δράκων, drákōn do verbo δέρκομαι (dérkomai : ver, ollar ou fitar) son unhas criaturas das antigas mitoloxías grega e latina con aparencia de cobras. A diferenza dos dragóns medievais, estes non poden ser asimilados,[1] non teñen patas, nin ás e tampouco son quen de botar lume. Nos mitos, estas criaturas monstruosas adoitan ser consagradas polos deuses como gardiáns de tesouros e lugares sagrados. O termo drákōn dos textos gregos refírese ó mesmo tempo á cobra xigante e ó gardián. Este dobre senso salienta o papel de vixilancia atribuído a estas criaturas míticas.[2]

Cadmo e o dragón; detalle dunha crátera do Museo do Louvre.

É preciso diferenciar ben os drákontes da mitoloxía grecolatina dos dragón do imaxinario popular actual. Os textos antigos describen ós dragóns como cobras de gran tamaño que posúen un atributo fabuloso e característico que os diferencia, como un sopro envelenado ou un gran número de testas. Estas criaturas tamén poden ser citadas nos textos antigos polo nome d'ὄφις (óphis): cobra en grego. Deste xeito, na Teogonía de Hesíodo, Ladón é chamado pola perífrase δεινὸν ὄφιν, cobra terrible [3].

Notas editar

  1. Christian Rico (sous la direction de)Mythes et savoirs dans les textes grecs et latins; Revue Pallas, numéro 78; Presses Universitaires Mirail-Toulouse; février 2009
  2. François Joseph Michel Noël, Dictionnaire de la fable: ou mythologie Grecque, Latine, Egyptienne…', Paris, 1801, 343.
  3. vers 334