Cesáreo Corbal

médico galego
(Redirección desde «Doutor Corbal»)

Cesáreo Corbal Lema, nado en Berdeogas (Dumbría) o 26 de febreiro de 1884 e finado en Vigo o 7 de decembro de 1952, foi un médico galego.

Infotaula de personaCesáreo Corbal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Berdeogas, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Placa no Edificio do Banco Pastor.

Traxectoria editar

Foi un dos fillos de José Corbal Pintos, mestre canteiro, e Josefa Lema López, labradores podentes. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando os estudos en 1907. Foi médico en Dumbría. Instalou consulta primeiramente en Chapela e despois en Teis, daquela pertencente ao Concello de Lavadores. Asociándose co médico redondelán Manuel Amoedo Acuña, fundou, na rúa Sagunto, o Sanatorio de Santa Cristina de Lavadores, "El Magnolio", pechado en 2009. Tamén atendeu pacientes no Edificio Banco de Vigo, despois Edificio Banco Pastor. Viviu desde 1926 na subida ao Monte da Guía e despois na rúa Purificación Saavedra.

Durante a Segunda República formou parte da directiva do Partido Republicano Conservador. Durante a Guerra Civil foi mobilizado, traballando como capitán médico no hospital que se instalou no terreo dos xesuítas de Teis.

Fixo unha labor altruísta, asistindo aos que non tiñan medios para pagarlle, o que lle valeu o sobrenome de "o médico dos pobres".[1][2][3] Finou en Vigo o 7 de decembro de 1952.[4]

Recoñecementos editar

 
Placa catalogada.

En 1926, sendo Honorato Fernández alcalde de Lavadores, puxéronlle o seu nome a rúa que vai dos Caños cara ao Monte da Guía. Na fachada do Edificio Banco Pastor hai unha placa na súa memoria. O escultor Francisco Asorey fíxolle un monumento, instalado no Cemiterio de Pereiró en 1953.[3]

Vida persoal editar

Casou coa mestra Rufina Pérez Gosende e foi pai de Cesáreo, José, Rufino e Avelina Corbal Pérez. Rufina Pérez finou en outubro de 1938,[5] e Cesáreo volveu casar con Delfina Mediero Miguélez.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar