Donkey Kong Jr. (ドンキーコングJR. Donkī Kongu Junia?) é un videoxogo arcade de 1982 desenvolvido por Nintendo. Primeiro apareceu en arcades, e, co paso da década de 1980, foi adaptado a numerosas plataformas, sendo o máis salientable Nintendo Entertainment System. É o segundo título da serie de videoxogos arcade de Donkey Kong. O título do xogo foi escrito como Donkey Kong Junior na versión de América do Norte. A súa estrela epónima, Donkey Kong Jr., tamén chamado sinxelamente Junior[1] ou acurtado como DK Jr., tenta rescatar o seu pai Donkey Kong, que foi encarcerado. A prisión de Donkey Kong está gardada por Mario, na súa única aparición como antagonista nun videoxogo de Nintendo. Este xogo é a secuela de Donkey Kong, que conta con Mario como heroe e co pai de Junior como malvado.

Donkey Kong Jr.
Desenvolvedor(es)Nintendo Research & Development 1 (orixinal)
Atari
Coleco
Distribuidora(s)Nintendo
Director(es)Shigeru Miyamoto
Produtor(es)Gunpei Yokoi
Artista(s)Shigeru Miyamoto
Yoshio Sakamoto
Compositor(es)Yukio Kaneoka
Lanzamento1984
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Arcade
SerieDonkey Kong
Na rede
IMDB: tt0204287 Youtube: UC40cGfocPf7k64Q4o8xDi-w Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. Sakurai, Masahiro (9 de abril de 2008). Smash Bros. Dojo!!, ed. "Sticker List". Nintendo, HAL Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2010.