Donald Tusk

político polaco

Donald Franciszek Tusk, nado en Gdansk o 22 de abril de 1957, é un político polaco antigo líder da Plataforma Cívica, que foi primeiro ministro de Polonia de 2007 a 2014. Nos tempos da República Popular de Polonia foi o xefe da NZS (Asociación Independente de Estudiantes, en polaco: Niezależne Zrzeszenie Studentów). Logo en Solidariedade.

Donald Tusk
Donald Tusk
Donald Franciszek Tusk

16 de novembro de 2007 – 22 de setembro de 2014
Precedido por Jarosław Kaczyński
Sucedido por Ewa Kopacz

Datos persoais
Nacemento 22 de abril de 1957, (66 anos) Polonia Polonia, Gdansk
Partido Plataforma Cívica (www.platforma.org)
Profesión historiador e político
Alma máter Universidade de Gdansk
Relixión católico

Na rede
http://www.tusk.pl
IMDB: nm2062867 Twitter: donaldtusk WikiTree: Tusk-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1991 fundou (con Jan Krzysztof Bielecki) o Congreso Liberal Democrático (Kongres Liberalno-Demokratyczny). Logo en 1994 foi vicepresidente da Alianza da Liberdade (Unia Wolności). De 1997 a 2001 foi o vicepresidente do Senado (Senat), e de 2001 a 2005 vicepresidente do Sejm. En 2001 fundou con Maciej Płażyński e Andrzej Olechowski un novo partido: a Plataforma Cívica, que presidiu dende 2003 ata 2014. En 2005 Donald Tusk perdeu as eleccións presidenciais de Polonia.

 

Despois do seu partido perder as eleccións lexislativas de 2007, encabezou o novo executivo na función de primeiro ministro.

Donald Tusk está casado, ten un fillo, Michał, e unha filla, Katarzyna.

Predecesor:
Jarosław Kaczyński
Primeiro Ministro de Polonia
2007Presente
Sucesor:
Por definir

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar