Donald Sterling

Donald Tokowitz Sterling, nado Donald Tokowitz e máis coñecido como Donald Sterling, nado en Chicago o 26 de abril de 1934[1], é un antigo avogado e empresario, ex-propietario do equipo de baloncesto Los Angeles Clippers da NBA, equipo onde permaneceu desde 1981, ao adquirilo por 12,5 millóns de dólares, a´te 2014, ano no que se estimaba o valor da franquía en 575 millóns de dólares segundo a revista Forbes.[2] Tres 33 tempadas, Sterling era un o propietario da NBA con máis antigüidade desde a morte de Jerry Buss dos Lakers o 18 de febreiro de 2013, con todo, o 29 de abril de 2014 foi suspendido pola NBA de por vida por facer declaracións racistas.

Donald Sterling
Derek Fisher buzzer beater vs. Clippers in 2010 (cropped).jpg
Nacemento26 de abril de 1934
Lugar de nacementoChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterCalifornia State University, Los Angeles, Southwestern Law School e Theodore Roosevelt High School
Ocupaciónavogado e empresario
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anosEditar

Os seus pais Susan e Mickey[3], eran inmigrantes xudeus e Donald pasou os seus primeiros dous anos na súa cidade natal pero logo a súa familia mudouse aos Ánxeles. Estudou na Universidade Estatal de California e na Southwestern University School of Law[4]

Carreira de avogado e empresarialEditar

Sterling, graduado nunha universidade sen o prestixio das grandes non podía aspirar a ingresar nunha firma de avogados recoñecida polo que cando comezou a súa carreira de avogado en 1961 fíxoo como independente, especializándose en divorcios e lesións. Cos beneficios logrados no exercicio da súa profesión comezou desde 1963 a mercar inmobles, en especial en Beverly Hills, algúns de actores como os de Raymond Burr, Chuck Connors, Robert Mitchum, John Wayne, Carol Burnett, Burt Lancaster e varios de Jerry Buss. En total, Sterling acquiriu arredor de 5000 apartamentos o Hotel Comstock, o antigo edificio da MGM (hoxe Sterling Plaza), e en Malibú o antigo Malibu Yacht Club e un inmoble do produtor Jack Warner.[5]

ClippersEditar

En 1981 o propietario maioritario dos Lakers Jerry Buss, con quen fixera negocios Sterling, suxeriulle que mercase a súa propia franquía da NBA. Sterling mercou os Clippers, que entón tiñan a súa sede en San Diego por 12,5 millóns de dólares, aínda que a diferenza de Buss cos Lakers, Sterling e os seus Clippers loitaron en numerosas tempadas sen lograr o campionato da NBA, e non foi ata a tempada 1991-1992 cando lograron o primeiro.

En 1984, Sterling moveu os Clippers de San Diego aos Ánxeles, decisión que non aprobou a NBA impoñéndolle unha multa de 25 millóns, Sterling demandou á liga por 100 millóns que retirou cando chegou a un acordo para reducir a multa a 6 millóns[3]. Sterling recibiu moitas críticas pola xestión económica do club[6], debido en parte aos malos resultados, e o equipo está considerado desde hai tempo un equipo dos do fondo da NBA e mesmo como algo risible[7][8][9][10], logrando só tres veces o pase aos playoffs da NBA, en 1992, 1993 e 1997. Durante a tempada 1999-2000 o equipo pasou a xogar no Staples Center, e nos anos seguintes melloran os seus resultados deportivos, gañando 45 partidos na tempada 2005-2006 volvendo de novo aos playoffs, e de novo nas tempadas 2011-2012, 2012-2013 e 2013-2014. Sterling gastou 50 millóns de dólares para construír en Playa Vista un centro de adestramento e sede social do equipo, inaugurado en setembro de 2008. Algúns medios influentes como o Sporting News [11] ou The New York Times[12] describírono como o peor propietario de equipos deportivos profesionais.

ControversiasEditar

En agosto de 2006, o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos demandou a Sterling por discriminación ao empregar un criterio racial como factor de aceptación nalgúns dos seus inmobles, así rexeitou o acceso a non coreanos no Koreatown dos Ánxeles e aos afroamericanos en Beverly Hills e a acusación alegou que Sterling afirmara que non lle gustaba alugar a hispanos por que eles "fuman, beben e vadían arredor do inmoble" e que os negros "cheiran e atraen á chusma"[13]. En novembro de 2009 Sterling aceptou pagar unha multa de 2,7 millóns de dólares para resolver as reclamacións do ministerio fiscal polas súas prácticas discriminatorias contra hispanos, negros e famlias con fillos[14]. Ademais a Sterling condenárono a pagar 4,9 millóns de dólares en custas procesuais.

En febreiro de 2009 demandouno o antigo director executivo dos Clippers, Elgin Baylor, por discriminación laboral por idade e raza[15]. A acusación alegaba que Sterling dixera a Baylor que este queria encher o equipo con "rapaces pobres negros do sur e un adestrador xefe branco" e que durante as negociacións con Danny Manning, Sterling declarara "estou a ofrecer moito diñeiro por un pobre rapaz negro"[16].

O 25 de abril de 2014 TMZ Sports deu a coñecer a gravación cunha conversa mantida o 9 de abril de 2014 entre Sterling e V. Stivian.[17][18]. Segundo TMZ, Sterling e Stiviano discuten sobre unha foto que Stiviano puxera en Instagram na que ela posaba con Magic Johnson[18]. Na gravación de son Sterling, presuntamente, dicíalle a Stiviano: "Moito me amola que propagues que te relacionas con xente negra. Tes que facelo?. Podes durmir con eles. Podes traelos aquí, podes facer o que che dea a gana. O pouco que che pido é que non o divulgues, que non os traias aos meus partidos"[17]. O presidente dos Clippers Andy Roesen emitiu unha declaración ao día seguinte na que indicaba que a súa organización non estaba segura que fose unha gravación lexítima e sen alterar, e que os sentimentos que se atribuían a Sterling non reflectían os seus puntos de vista e que a muller da gravación fora demandada pola familia de Sterling [19][20]. Pero a reacción de rexeitamento as declaracións foi inmediata, a sección local dos Ánxeles da National Association for the Advancement of Colored People cancelou os seus plans para darlle un premio a Sterling[21], e mesmo o presidente Barack Obama cualificou as declaracións atribuídas a Sterling de racistas, afirmando que “cando persoas ignorantes queren expresar a súa ignorancia, non podes facer nada, só deixar que falen”[22]. Varios dos principais patrocinadores do equipo anunciaron que finalizaban ou suspendían os seus contratos[23], e a NBA anunciou unha investigación sobre o caso [24] que deu como resultado segundo anunciou o 29 de abril o comisionado da NBA Adam Silver nunha suspensión de por vida da liga e unha sanción de 2,5 millóns de dólares, o máximo permitido segundo as normas da NBA[25]. A suspensión prohibe a Sterling acudir a calquera partido da NBA, entrar nos adestramentos dos Clippers ou de calquera outro equipo da NBA, e aínda máis Silver instou á xunta de goberno do equipo para que exerzan a súa autoridade e forcen unha venda do equipo[26].

NotasEditar

  1. Bolch, Ben (26 de abril de 2014). "Clippers owner Donald Sterling in firestorm over alleged racist remarks". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2014. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  2. "Los Angeles Clippers on the Forbes NBA team valuations list". Forbes. Consultado o 27 de abril de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Lidz, Franz (17 de abril de 2000). "Up And Down In Beverly Hills". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  4. California State Bar Membership Records
  5. (en inglés) Ruth Ryon (12 de marzo de 1989). "Clipper Owner's Win Streak Much Better With Apartments". Los Angeles Times. Consultado o 27 de abril de 2014. 
  6. "For the Los Angeles Clippers, These Are the Best of Times". New York Times, 22 de abril de 2006
  7. Amick, Sam (1 de novembro de 2012). "Clippers have leg up on Lakers to start NBA season". USA Today. Consultado o 2 de novembro de 2012. 
  8. Abrams, Jonathan (11 de febreiro de 2011). "Confetti Falls as Cavaliers End Drought". New York Times. Consultado o 2 de novembro de 2012. 
  9. Beth, Harris (10 de maio de 2012). yahoo.com, ed. "Grizzlies-Clippers Preview". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2012. 
  10. ESPN.com, ed. (24 de outubro de 2012). "Clippers look to build on start of something good". Consultado o 2 de novembro de 2012. 
  11. SportingNews.com, ed. (28 de abril de 2014). "Report: Magic Johnson could present package to buy Clippers from Donald Sterling". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  12. Witz, Billy (27 de abril de 2014). "Vortex of Outrage Has Long Trailed Clippers’ Owner". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  13. Plaschke, Bill (13 de febreiro de 2009). "There are no winners in Elgin Baylor's lawsuit against Clippers". Los Angeles Times. 
  14. The Associated Press, ed. (3 de novembro de 2009). "Sterling settles housing bias lawsuit". 
  15. Lisa Dillman (12 de febreiro de 2009). Los Angeles Times, ed. "Baylor sues Clippers, alleging racist attitude". 
  16. Dillman, Lisa (14 de febreiro de 2009). Los Angeles Times, ed. "Mention of David Stern is an error in Elgin Baylor's lawsuit". 
  17. 17,0 17,1 "N.B.A. probing racial remarks tied to owner". The New York Times. 26 de abril de 2014. 
  18. 18,0 18,1 "L.A. Clippers owner to GF: Don't bring black people to my games ... including Magic Johnson". TMZ.com. EHM Productions. 25 de abril de 2014. Consultado o 26 de abril de 2014. 
  19. Knoblauch, Austin (26 de abril de 2014). "Clippers release statement on alleged Donald Sterling racist comments". Los Angeles Times. 
  20. The Los Angeles Clippers, ed. (26 de abril de 2014). "Statement from Clippers president Andy Roeser". 
  21. Rovell, Darren (April 27, 2014). "NAACP won't award Donald Sterling". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  22. "With Uproar Around Sterling, Clippers Take the Court". The New York Times. 26 de abril de 2014. 
  23. ESPN.com, ed. (28 de abril de 2014). "Sponsors end Clippers sponsorship". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  24. "The NBA's options in dealing with Donald Sterling, ABC News, 28 de abril de 2014
  25. "Clippers Owner Donald Sterling Fined $2.5M and Banned for Life by NBA" CBS News, 29 de abril de 2014
  26. "Transcript: Commissioner Adam Silver news conference, NBA.com, 29 de abril de 2014". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 29 de abril de 2014.