Domingo Rodríguez Moscoso

militar e empresario galego

Domingo Rodríguez Moscoso, coñecido como Patacheira, nado en San Clodio (Ribas de Sil) o 2 de outubro de 1912 e finado en Cidade de México o 2 de marzo de 1982, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaDomingo Rodríguez Moscoso
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1912 Editar o valor em Wikidata
San Clodio, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 1982 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , militar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Albanel pintor. Afiliado á Sociedad de Oficios Varios (UGT) e á Agrupación Socialista de San Clodio en maio de 1931. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 estivo detido durante catro meses. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Afiliouse ao PCE, foi miliciano do Batallón Asturias 19 e tenente de Carabineiros. Encartado no sumario 1102/37, foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi recluído no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. O 27 de xullo de 1939 chegou a Veracruz como polisón no vapor Mexique.[1] En México afiliouse á Agrupación Socialista Española e dedicouse aos negocios. Fixo fortuna coa súa propiedade no estado de Xalisco.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar