Domingo Pombo

político español

Domingo Pombo López, nado en Ferrol en 1908 e finado o 2 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela, foi un político galego

Domingo Pombo
Nacemento1908
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento2 de outubro de 2002
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militante do Partido Galeguista, foi nomeado Presidente do Partido Galeguista de Ferrol en 1935. Pertenceu ao Comité Executivo da Fronte Popular de Ferrol en representación do Partido Galeguista. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu e ocultouse, primeiro en Vigo e despois en Santiago de Compostela, no faiado dunha casa.

Estando agochado en Vigo, o 23 de abril de 1937, Pombo e nove camaradas tiñan unha cita na baía de Vigo, no bou Eva, para fuxir a Francia pero foron delatados. Pombo, que fora informado con pouca precisión, chegou tarde, circunstancia que o salvou da morte.

Viviu agochado nun faiado en Vigo durante cinco anos e logo marchou a Compostela, onde estivo outros cinco anos tamén oculto noutro faiado. En 1945 puido saír. Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar