Doenza de Lyme

enfermidade infecciosa

A doenza de Lyme, tamén coñecida como borreliose de Lyme, é unha enfermidade infecciosa que afecta a varios órganos do ser humano, causada pola espiroqueta Borrelia burgdorferi, que é transmitida polas carrachas. É a principal doenza transmitida por carrachas en Europa. É transmitida pola especie Ixodes ricinus, cuxo reservorio animal constitúeno roedores salvaxes (agás ratos e ratas comúns) e cervos.[1]

Doenza de Lyme
Clasificación e recursos externos
Ninfas e adultos de Ixodes scapularis poden transportar a doenza de Lyme. As ninfas teñen o tamaño dunha semente de papoula.
ICD-10Modelo:CIE-10, Modelo:CIE-10
ICD-9Modelo:CIE-9
DiseasesDB1531
MedlinePlus001319
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Ciclo de infección de Borrelia burgdorferi.

Historia editar

Atopáronse indicios de que Ötzi —o 'home dos xeos' que se conserva como momia de 5300 anos de antigüidade— padeceu a doenza de Lyme.[2] Esta enfermidade foi descrita por primeira vez en 1909 en Europa como "eritema crónico migratorio"; entre 1920-1940 foi chamada "neuroborreliose".[3] En 1975 foi descrita por primeira vez nos Estados Unidos en Lyme (Connecticut), de onde deriva o seu nome actual. En 1981 foi illado o axente causal (Borrelia burgdorferi).[4][5]

Etioloxía e epidemioloxía editar

A doenza de Lyme é producida por Borrelia burgdorferi, un espiroqueta gramnegativa de metabolismo anaerobio.[6] Case o 100% dos casos preséntanse durante a estación cálida xa que a infección adoita producirse en persoas que realizan actividades como cazarías, acampadas, excursións ou paseos campestres. Nun principio, desenvólvese a etapa inicial da enfermidade, que se non recibe o tratamento médico indicado, pode derivar na súa etapa secundaria e mesmo agravarse para desencadear unha etapa terciaria.

Patoxenia editar

A doenza de Lyme pertence a un grupo de patoloxías nas que o dano vascular e o neurotropismo son unha constante (en infeccións por Rickettsia, Borrelia, Coxiella), e as lesións granulomatosas e o tropismo por células endoteliales o son en infeccións por Bartonella e Francisella. Son axentes cunha gran agresividade que é importante identificar, previr e tratar. Todos os anos falecen en España pacientes afectados por unha enfermidade deste grupo, a febre botonosa mediterránea. O non recoñecemento precoz da infección por Borrelia burgdorferi (doenza de Lyme) dá lugar a manifestacións neurolóxicas difíciles de tratar e que poden deixar secuelas permanentes.

Os síntomas polos que se identifica esta enfermidade son similares aos dunha gripe común (febre, dor muscular, malestar xeral, cefalea e fatiga), precedidos dun "eritema crónico migrans" (mancha avermellada circular) como primeiro signo da enfermidade.

O diagnóstico realízase mediante unha demostración de anticorpos fronte á Borrelia burgdorferi.

O tratamento adoita ser tetraciclina ou penicilina, ou macrólidos.

É necesario tratar esta enfermidade o máis axiña posible, xa que mesmo o 15% dos pacientes que reciben tratamento inmediato sofren complicacións. En ocasións esta enfermidade é confundida con artrite reumatoide, meninxite ou esclerose múltiple.

Notas editar

  1. "Lyme disease: review" (6). PMID 23319969. doi:10.5114/aoms.2012.30948. 
  2. Europa Press (ed.). "Extraen de Ötzi las muestras más antiguas de glóbulos rojos". Diario público. 
  3. "Lyme disease: review" (6). PMC 3542482. PMID 23319969. doi:10.5114/aoms.2012.30948. 
  4. "Signs and Symptoms of Lyme Disease". 
  5. Aucott JN. "Posttreatment Lyme disease syndrome" (2). PMID 25999226. doi:10.1016/j.idc.2015.02.012. 
  6. Forbes, Betty A.; Sahm, D. F.; Weissfeld, A. S. Bailey & Scott - Diagnóstico Microbiologico (12ª ed.). Editorial Médica Panamericana. ISBN 978-950-06-8243-5.