Coordenadas: 6°10′23″S 35°44′31″L / -6.17306, -35.74194

Dodoma é a capital de Tanzania e da rexión homónima. Cunha superficie de 2.669 km² e unha poboación de 324.347 habitantes (2002), é a terceira cidade do país. Dodoma foi escollida como capital de Tanzania en 1973, pero o traslado non se efectuou até 1996. A anterior capital, Dar es Salaam, aínda acolle numerosos organismos administrativos.

Dodoma
000 1333 Dodoma Cathedral.JPG
Dodoma Cathedral.
Localización
Dodoma en Tanzania
Dodoma
Dodoma
PaísTanzania Tanzania
RexiónRexión de Dodoma
Xeografía
Altitude1.120 msnm
Superficie2.576 km²
Demografía
Poboación410.956 hab. (2012)
Densidade159,53 hab/km²
Outros datos
AlcaldeFrancis Mazanda

XeografíaEditar

Dodoma érguese no centro de Tanzania, a 486 km ao oeste de Dar es Salaam e a 441 km ao sur de Arusha, sede das institucións da Comunidade de África Oriental. Dos 2.699 km² da súa área total, só 625 están urbanizados. A cidade levántase a 1.135 metros de altura sobre o nivel do mar.

HistoriaEditar

Dodoma foi fundada durante o dominio colonial alemán, mentres se construía o ferrocarril central de Tanganica. Despois da primeira guerra mundial, Tanganica pasou a formar parte do Imperio Británico, e Dodoma tornouse un importante centro administrativo. Cando Tanganica obtivo a independencia no 1964 e logo, unida a Zanzíbar, se converteu en Tanzania, o ano 1973, foi decidido a través dun plebiscito que a capital do novo país se trasladase de Dar es Salaam (capital no período colonial británico) a Dodoma. Este desprazamento foi só cumprido en parte; a Asemblea Nacional ten a sede en Dodoma, pero numerosos organismos permanecen aínda en Dar es Salaam, que segue a ser de facto capital do país.

InfraestruturasEditar

Dodoma está enlazada por importantes estradas vía automobilística ás outras grandes cidades de Tanzania. Para o leste comunícase con Dar es Salaam a través da rexión de Morogoro; polo oeste con Mwanza e Kigoma atravesando Tabora; a grande estrada do norte conduce até Arusha. Por Dodoma pasa o ferrocarril central, que tamén a une con Dar es Salaam. O aeroporto só pode recibir aeronaves de dimensións medias, polo que está en proxecto o seu ampliamento.

UniversidadeEditar

Existen dúas universidades en Dodoma. Unha é a St. Johns University(católica e privada) e a outra a Universidade de Dodoma (The University Dodoma) ou 'UDOM'. A UDOM comezou as súas actividades en setembro de 2007 con 1.500 estudantes, mais poderá acoller, a uso completo, uns 40.000 nos próximos anos.